Foros ›
VII ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN
Forum Index / Andainas
Reply to topic

Author
Message
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Posts

Reply with quote Post Tue, 01 Mar 2022, 14:33
Post subject: VII ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN


Un ano mais presentamos unha nova edición da Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión, chegando así a súa VII edición. Novamente esta proba está incluida no calendario da COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 50KMS da FGM e será puntuable para a mesma con 1 punto. Como novidade nesta ocasión tamén estará incluída na LIGA DE SENDEIRISMO da FEDME.

Ao longo destes sete anos a proba foi medrando co tempo ata chegar a cotas que nun principio críamos inalcanzables; así pois, na anterior edición, antes da era COVID, chegamos aos 525 participantes. Este nivel de aceptación conseguese polo trato próximo e amable cos/as participantes ofrecéndolles un amplo abano de servizos e agasallos e intentando que todas e cada unha das persoas que participan da proba desfruten da mesma sen ter que preocuparse de nada mais que andar e recrearse coa vistosidade paisaxistica dos camiños e sendeiros polos que descorre a mesma.

Unha vez mais a edición contará co formato xa coñecido de 50 kms distribuidos en tres distancias, o que facilitará que sendeiristas con distintos niveis de forma poidan anotarse a esta proba, podendo realizar a distancia que desexen segundo as capacidades de cada un. A primeira distancia, a mais curta, está pensada para que as familias ao completo se aninmen a facela pois, debido ao seu baixo nivel de dificultade, memso a rapazada ou sendeiristas con pouca experiencia poden rematalo sen problemas.

Os sendeiristas mais avanzados poden optar por completar a distancia total de 50kms que terá a andaina, recibindo así a puntuación para participar na Copa Galega de Andainas de 50 kms da Federación Galega de Montañismo.

O principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo.

Outro dos obxectivos da andaina é fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e das paisaxes que nos ofrece o Concello de Brión. Para tal fin, moitos dos sendeiros polos que transcorre a proba foron preparados e recuperados expresamente para ela ao tratárense de antigos camiños en desuso que servían de paso de carros ou de comunicación a pé entre as distintas aldeas e que co tempo foron quedando abandonados trala aparición das estradas e os vehículos a motor. Poderemos un ano mais albiscar fervenzas, pasear entre castelos, importantes igrexas, maxestosas carballeiras, senlleiras aldeas e unha morea mais de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante.

Isto todo e moito mais será o que atopen os/as particpantes da VII ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA DE BRIÓN que se vai celebrar o 28 de maio de 2022 a partir das 09:00h. na Carballeira de Santa Minia.

Ven a andar a Brión, desfruta da
ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN

Info e inscricións: www.andainaterrasdealtamira.org





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum