Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
233 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 16 Mar 2022, 11:56
Asunto: Xacorun

Este sábado celébrase a carreira "Xacorun" entre Sarria e Portomarín.
A verdade é que me sorprende bastante a pouca aceptación desta carreira, xa que parece que ten algo de similitude coa populosa Palas-Melide (que nunca corrín, así que por agora non podería comparar). Por outra banda, son 22km polo camiño de Santiago, nunha tarde de marzo e con -parece que- bo tempo. Non sei se hai algo que se me escape (prezo alto?, percorrido feo?, perfil duro?, troco de data -inicialmente ía ser o domingo 6-?), pero o caso non é só que non se acabaran as poucas prazas que había (o prazo rematou onte, 15/03), senón que case sobraron a metade nas tres modalidades que ofrecían (22k/22k por relevos/11k).
En fin, a ver o que sae Pensando pero a priori, estando un pouco en forma, ten boa pinta.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 16 Mar 2022, 18:26
Asunto: Re: Xacorun

A min tenme moi boa pinta, pero en ningún momento pasouseme pola cabeza, xa que na primeira data coincidía ca media de Viana, unha das miñas imprescindibles e agora e a vespera da de Camariñas.
E si que é sorprendente que con tan poucas prazas non se deran cuberto, ainda que máis da metade se cubriron, xa que entre as 3 modalidades ofertaban 350 e hai 211 inscirtos.
Agardemos que lles saia todo ben e fagan máis edicións.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos