Foros ›
FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas
Forum Index / Zapatillas y material deportivo
Reply to topic

Author
Message
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
425 Posts
Galiza
Reply with quote Post Sat, 15 Apr 2023, 5:30
Post subject: FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas

Ola,

presento FitTrackee

Cita:
Aplicación que che permite rexistrar as túas actividades (adestramentos) desde ficheiros gpx e ter os datos no teu propio servidor.

para o interese xeral das persoas que lles gusta levar un rexistro das actividades que realiza. Aquí vai de correr Silbar , pero (a día de hoxe) admite ate 13 tipos de actividades (remo, ciclismo, sendeirismo, etc.)

Poño isto porque hai uns días publicouse a primeira versión que inclúe o galego (e castelán) para a súa interface



fonte

Existen ferramentas (programas) para migrar os datos desde copias de apoio de outras aplicacións (garmin, strava...) tanto para ficheiros .gpx como .fit . Personalmente usei fittrackee-uploader para subir as cousas desde os trebellos garmin (.fit)

Permite engadir usuarias, cada unha con acceso só aos seus datos, polo que pode ser útil para dar servizo a grupos/clubes. En breve engadirá características "sociais" para poder compartir/ver o que outras usuarias así indiquen nos seus axustes.

Software Libre GNU AGPL v3

Engado unhas capturas de pantalla

Formulario para engadir adestramentos.

Podes usar un ficheiro .gpx (que descargas do teu trebello ou web ou gravas con Opentracks, FitoTrack, etc.)

Unha das páxinas de estatísticas

neste caso semanais por tempo acumulado

Na administración podes activar/desactivar os deportes que estarán dispoñibles


Lista con tódolos adestramentos


con filtros para buscar. Tamén dispoñible a busca por nome do adestramento.

Est.2008
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
425 Posts
Galiza
Reply with quote Post Tue, 30 May 2023, 3:49
Post subject: Re: FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas

Publicada a versión 0.7.16

* engadido o axuste para poder filtrar os adestramentos por velocidade (gpx)
* mellora na interface de usuaria na páxina dos axustes

Notas da publicación

Fonte

Est.2008
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3264 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 07 Jun 2023, 9:58
Post subject: Re: FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas

Moitas grazas pola información, Ghose.
Eu son unha auténtica toupa en cuestións informáticas, pero vou tentar de facer a migración dos datos do garmin.
Se a cousa me supera, xa che mandarei un privado pedindo axuda.

Saúde e kilómetros
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
425 Posts
Galiza
Reply with quote Post Thu, 08 Jun 2023, 4:19
Post subject: Re: FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas

Angel espero que saia todo ben.


Garmin, como o resto, non o pon tan fácil como podería. Exportar os adestramentos en formato .gpx faise de un en un desde a propia "actividade" en cuestión, pero cando solicitas descargar "todos os datos" envíache un ficheiro enorme con todos os .fit

Importar iso é un coñazo tremendo. Arriba puxen as ferramentas que eu uso (pois vou importando aos poucos).

Para o día a día non hai problema ningún, incluso conectado directamente o reloxo por usb. Deste xeito teño o 2023 completo e ao día sen dificultade.


A miña experiencia é "nivel usuario" Chupete pero no que poida botarche unha man aquí estou.

Saúdos.

Est.2008





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum