Foros ›
XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
David2k

Maratoniano
Maratoniano
13/09/15
122 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Sat, 11 Nov 2023, 14:07
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/20

Para los que critican lo de la recogida del dorsal yo lo veo justo. Si vamos a disfrutar de la ciudad y molestar a los vecinos qué menos que dejar dinero en la ciudad. No como en Ferrol que además de no cobrar las carreras, damos el dorsal el día de la carrera, la gente viene a la mañana el Domingo y si se gastan 1€ en un café gracias.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1054 Posts
Ourense
Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 9:18
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)

Ola a tod@s!

De onde vén o rumor do cambio de percorrido?

Por certo, magnífica carreira onte, moi bo tempo, moita participación e sobre todo eu este ano noitei moita máis presenza de público!

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
277 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 11:46
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)

Boas,

pois fozando un pouco en google aparecen cousas en case tódolos periódicos de por aquí. Eu atopei esta no faro de Vigo (non leín a noticia, pero xa está no titular):

www.farodevigo.es/depo...48309.html

Parece que é cousa do alcalde. A min paréceme boa idea. Recén pateada onte, podo dicir que para marca, non a vexo. E o di un que tivo a marca alí 7 anos, pero é que ese ano cheguei moi fino á proba Smile

En canto a xente animando, eu tiven un boa sensación, como sempre en Ourense, pero houbo colegas que dicían que notaban menos ánimo que outros anos. Non sei, cada un....
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1054 Posts
Ourense
Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 16:54
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/20

Grazas pola ligazón, non tiña visto esta nova.

Cun pouco de sorte isto quédase nunha "bombeirada" máis do (noso) alcalde e non o mudan. Non é doado, pois Ourense non é precisamente unha cidade chá, e desde o meu punto de vista non o vexo interesante.

Mira ti que non haberá 10K rápidos como par ter que facer outro, cando o percorrido da San Martiño ten o seu encanto e pasa por moitos puntos da cidade...e vai vir máis xente só por ese motivo? Dubido bastante diso.

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 17:17
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/20

ZeusOurense escribió:
Grazas pola ligazón, non tiña visto esta nova.

Cun pouco de sorte isto quédase nunha "bombeirada" máis do (noso) alcalde e non o mudan. Non é doado, pois Ourense non é precisamente unha cidade chá, e desde o meu punto de vista non o vexo interesante.

Mira ti que non haberá 10K rápidos como par ter que facer outro, cando o percorrido da San Martiño ten o seu encanto e pasa por moitos puntos da cidade...e vai vir máis xente só por ese motivo? Dubido bastante diso.

Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 17:18
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/20

ZeusOurense escribió:
Grazas pola ligazón, non tiña visto esta nova.

Cun pouco de sorte isto quédase nunha "bombeirada" máis do (noso) alcalde e non o mudan. Non é doado, pois Ourense non é precisamente unha cidade chá, e desde o meu punto de vista non o vexo interesante.

Mira ti que non haberá 10K rápidos como par ter que facer outro, cando o percorrido da San Martiño ten o seu encanto e pasa por moitos puntos da cidade...e vai vir máis xente só por ese motivo? Dubido bastante diso.
Menuda cruz tedes en Ourense co Jacome, a bo fe... Pero qué se pode esperar do cerebro de alguén que no seu momento se dedicaba a organizar cousas como a subida vertical no hotel Bali de Benidorm. Normal que isto de correr unha carreira bonita que che fai gozar polo medio da cidade lle pareza demasiado vulgar... Espero de corazón que se quede nunha "bombeirada" como ben dis ti. Crucemos os dedos
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3764 Posts

Reply with quote Post Mon, 13 Nov 2023, 20:12
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/20

Magnífica carreira a de onte en Ourense, non tiña pensado asistir este ano por que vou correr 2 medias nas seguintes semanas, pero,conseguín un dorsal a última hora e alá que me fun cun numeroso grupo do club.
Chegada con moita antelación a Ourense polo que aparcamos moi preto da saida no sitio de todolos anos e a disfrutar do ambiente pre carreira que había polo lugar, moita calor e sensación de bochorno, moi distinto de outros anos que estabamos aterezidos de frío. fotos de rigor e breve quecemento.
Obxetivo facela en modo tranquilo, situime no lado esquerdo da saida 2 minutos antes, xa que habia moitos menos corredores, ainda que hai que facer máis mts, pola curvatura da ponte, despois de 21 segundos paso polo arco de saida e nun suspiro cruzamos a ponte e no comenzo da primeira e dura subida xa nos xuntamos cos corredores do outro lado, subida tranquila e xa ven a baixada, unha constante da carreira e esta, subidas e baixadas. Bastante comedido nos ritmos e disfrutando do ambiente ata que pasado o Km 7 e como me atopo moi ben cambio o ritmo, sendo estos 3 os máis rápidos, entre 4'17 e 4'11, para un bo tempo de 45'31 neto.
Despois da ducha de rigor a tomar unha caña e despois a comer o cocido ao mesmos restaurante de todos os anos.
PD: o deste alcalde non ten nome, querer cambiar o percorrido despois de tantos anos, que tome exemplo de Santiago, é o mesmo de sempre, a sua dureza é a que lle da impronta a algunhas carreiras e eu teño do 2007 a miña mellor marca nun 10K ahí, co mesmo tempo de Porriño , uns segundos por debaixo de 38 minutos.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
277 Posts
Betanzos
Reply with quote Post Tue, 14 Nov 2023, 7:34
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)

Boas,
pois eu vou romper unha lanza a favor da decisión de facer un circuíto máis rápido. Eu penso que non é un motivo para deixar de correr esa lendaria proba e que, sen embargo, pode ser un motivo para que máis xente se anime, e por enriba un incentivo para os que xa a corremos, xa que se un chega fino, podería atacar a marca.
Agora, as contras... pois non controlo moito de Ourense, pero parece complicado facer un circuíto rápido polo centro da cidade, co cal probablemente unha parte da proba (senon toda) tería que saír hacia os arredores, coa consecuente perda de público. Perdería tamén esencia popular, pero probablemente se animarían máis "máquinas" a correr a proba. Se a idea é que haxa máis xente (que non sei se ese é un dos obxetivos), penso que pode funcionar.
Eso si, antes de nada, e cambie o un non o percorrido, creo que o primeiro que tiñan que mirar é solucionar o dos caixóns de saída. Para todos os colegas que corrimos o domingo (repartidos entre todos os caixóns, excepto o de élite), os 2 primeiros km convertéronse nun tapón onde apenas puidemos correr ó ritmo que quixéramos, co consecuente lastre para o resto da carreira. Con algún controlillo máis, e un par de caixóns extra, penso que podería funcionar mellor. E despois tamén dependería de nós, por suposto, pero esa parte solidaria xa a vexo máis complicada.
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
37 Carreiras
64 Posts
SDC
Reply with quote Post Tue, 14 Nov 2023, 8:49
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)

xpab escribió:
Boas,
Eso si, antes de nada, e cambie o un non o percorrido, creo que o primeiro que tiñan que mirar é solucionar o dos caixóns de saída. Para todos os colegas que corrimos o domingo (repartidos entre todos os caixóns, excepto o de élite), os 2 primeiros km convertéronse nun tapón onde apenas puidemos correr ó ritmo que quixéramos, co consecuente lastre para o resto da carreira. Con algún controlillo máis, e un par de caixóns extra, penso que podería funcionar mellor. E despois tamén dependería de nós, por suposto, pero esa parte solidaria xa a vexo máis complicada.
Tes razón, eu saía no terceiro caixón e na saida cando me dín conta estaba metido no segundo. Tampouco estaba bloqueando a nadie, pero pareceume raro. Creo que se olvidaron de repoñer a cinta que dividía os caixóns.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1152 Posts

Reply with quote Post Tue, 14 Nov 2023, 16:06
Post subject: Re: XLVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO (12/11/2023)

5ª participación nesta clásica proba ( a última fora en 2017 ) co obxectivo de mellorar os meus 1h 01' 18" de mellor marca do lonxano 2007 (sen saber eu que podería ser a derradeira vez con este circuíto). Aparcamento doado no centro comercial, boa xestión no gardarroupa e sorprendeume que había bastantes corredores (noutras carreiras que participei ultimamente, notei un baixón notable de participantes con respecto a outras edicións). O tempo, como comentan por aí , acompañou, sen choiva e morno ( demasiado para o meu gusto a mediados de novembro ). Non lembraba eu o percorrido tan subebaixa, tiña unha idea del máis chan (seica cos anos falla a memoria Mr. Green ), pero aínda así dino todo e conseguín uns estupendos 58'34" netos, que melloran en case 3 minutos a miña MMP aquí, rematei rebentado pero moi satisfeito. Moita presenza de público no circuíto e bastante animosos ademáis.

Con respecto ó cambio de circuito, esperemos que non, este ten encanto e é bonito poder comparar marcas ó longo dos anos, ademais de que fomenta a presenza de público ó longo do percorrido e pasas por zonas fermosas da cidade.

Se eu puiden, ti tamén...





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum