Foros ›
Author
Message
oporrino10k

Organización
Organización
25/01/19
1 Carreiras
43 Posts

Reply with quote Post Thu, 28 Nov 2024, 17:43
Post subject: O Porriño 10K (23/03/2025)

Nada nos comprace máis que anunciarvos a nova data da OP10K 2025, que será o día 23 de marzo. Xa figura inscrita no calendario da Federación Galega de Atletismo e que dúbida cabe que o Club Atletismo Porriño e o Concello do Porriño xa estamos inmersos no traballo preparativo!

VÉMONOS O 23 DE MARZO DE 2025.




Last edited by oporrino10k on Tue, 17 Dec 2024, 13:03; edited 1 time in total
decoiro

Novo foreiro
Novo foreiro
5/06/24
4 Carreiras
20 Posts
Cangas
Reply with quote Post Mon, 02 Dec 2024, 13:32
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2024)

Espero non perderme esta carreira o ano que ven!!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Thu, 16 Jan 2025, 18:10
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Boas compañeir@s,
Pois sí, volta o 10K mais rápido de Galiza a percorrer as céntricas rúas porriñesas O 23/03/2025.
Teremos sorteo de regalos entre os dorsais, retransmisión en Streaming, coma sempre Festa post carreira, animación, premios en metálico para a Carreira absoluta masculina/feminina (500€/300€/200€) e 500€ á excelencia de bater o récord da proba.
Estade atent@s,
EN BREVE ABRIMOS INSCRIPCIÓNS Bailar
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Wed, 22 Jan 2025, 14:51
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Boas de novo,
Xa están abertas as inscriciòns para a XVI OP10K de O Porriño. Tedes a ligazón na páxina de Championchipnorte.
ccnorte.com/evento/det...orrino-10k
Vémonos pronto amigos. Un saúdo!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Wed, 05 Feb 2025, 16:10
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Boas de novo¡!
Recordamos o prezo das inscricións según a data:
- Ata o 23 de Febreiro. 10€
- Dende o 24 Feb. ata o 9 Marzo 12€
- Dende o 10 Mar. ata o 17 Marzo 15€


Aproveitade o prezo mais baixos se tedes pensado acudir!!! Vamooooooosss
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1059 Posts
Ourense
Reply with quote Post Thu, 13 Feb 2025, 9:00
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

MICHI escribió:
Boas de novo¡!
Recordamos o prezo das inscricións según a data:
- Ata o 23 de Febreiro. 10€
- Dende o 24 Feb. ata o 9 Marzo 12€
- Dende o 10 Mar. ata o 17 Marzo 15€


Aproveitade o prezo mais baixos se tedes pensado acudir!!! Vamooooooosss

Só dicir que a fin de semana pasada desde o móbil non era posible inscribirse (probado desde distintos teléfonos e navegadores) ... e tivemos que usar o ordenador. Por se pode ser interesante que avisedes do problema.

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Sat, 22 Feb 2025, 16:13
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

ZeusOurense escribió:
MICHI escribió:
Boas de novo¡!
Recordamos o prezo das inscricións según a data:
- Ata o 23 de Febreiro. 10€
- Dende o 24 Feb. ata o 9 Marzo 12€
- Dende o 10 Mar. ata o 17 Marzo 15€


Aproveitade o prezo mais baixos se tedes pensado acudir!!! Vamooooooosss

Só dicir que a fin de semana pasada desde o móbil non era posible inscribirse (probado desde distintos teléfonos e navegadores) ... e tivemos que usar o ordenador. Por se pode ser interesante que avisedes do problema.
Boas Zeus,
Grazas pola información. Dende distintos puntos nos contactaron varios usuarios. Feita a consulta a Championchip, resulta ser un problema coas actualizacións do navegador, sobre todo o Chrome. Se tedes este problema, probade con outro navegador ou dende o PC.
A plataforma está comprobado que funciona de forma correcta. Un saúdo!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Sat, 22 Feb 2025, 16:14
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Ah, e non esquezades que o 23 marzo cambia o prezo, Bulideeeee!! Bailar
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
503 Carreiras
3837 Posts

Reply with quote Post Sat, 22 Feb 2025, 21:17
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

MICHI escribió:
Ah, e non esquezades que o 23 marzo cambia o prezo, Bulideeeee!! Bailar

Creo que te confundiches, o cambio de tarifa, será a partir do 23 de febreiro. Very Happy

Un saudo.
micholox

Maratoniano
Maratoniano
9/11/14
5 Carreiras
203 Posts

Reply with quote Post Sun, 23 Feb 2025, 17:56
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Kurty escribió:
MICHI escribió:
Ah, e non esquezades que o 23 marzo cambia o prezo, Bulideeeee!! Bailar

Creo que te confundiches, o cambio de tarifa, será a partir do 23 de febreiro. Very Happy

Un saudo.

Bo apunte Kurty....
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Thu, 06 Mar 2025, 12:05
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Boas!!
Estamos na conta atrás para ultimar inscricións. Está XVI OP10K promete ser Unha das mais potentes no que a elenco de atletas de renome se refire, tanto masculinos como femininos. Confirmados atletas como David de la Fuente, Pablo Otero, Carlos Porto, Manu Lorenzo e algún mais pendiente que representan o nivel TOP autonómico e irán a polo récord da proba...agardamos varios atletas en 29'!!
Na carreira feminina agardamos sorpresas de última hora con atletas olímpicas que de seguro asaltarán o récord feminino e poderán andar nos preto dos 32'.
No tocante aos mortais, as inscriciòns están indo mellor que outros anos por estas datas a pesar de coincidir varias probas pola zona.
AGARDAMOS UN BO ESPECTÁCULO, QUE VOS DIVIRTADES E ALCANCEDES OS OBXECTIVOS!!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Thu, 06 Mar 2025, 12:10
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Ah, que me esquecía!!
A SAÍDA/META deste ano cambia de ubicación, se despraza 300 metros mais adiante, pero sempre dentro do mesmo percorrido homologado, que non varía.
SAÍDA dende o Parque Infantil e o Templete do metro do noso gran arquitecto Antonio Palacios.
Sen dúbida cremos que un acerto para a comodidade de atletas, organización e espectadores!!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Thu, 13 Mar 2025, 22:23
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Boas!!
Entramos na recta final, as inscriciòns rematan o 17 de marzo e xa temos case todo listo para que poidades desfrutar da nosa proba. Sabede que moitos de vos teredes un agasallo sorpresa ao recoller o dorsal!
En breve anunciaremos a dirección de Streaming onde se poderá ver en directo a Carreira.
Se non estás apuntado, creme que non te arrepentirás se ves a correr connosco! INSCRIBETE!!!!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Sun, 16 Mar 2025, 23:53
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Bueno...mañá Luns ás 23:59 Remata o prazo de inscripción para a OP10K! Grazas a tódolos inscritos, agardamos non defraudar ás expectativas. Se o tempo acompaña, Vai ser un bonito espectáculo e Unha boa Festa final!
MICHI

Montañés
Montañés
26/11/07
0 Carreiras
685 Posts
O Porriño
Reply with quote Post Sun, 16 Mar 2025, 23:54
Post subject: Re: O Porriño 10K (23/03/2025)

Bueno...mañá Luns ás 23:59 Remata o prazo de inscripción para a OP10K! Grazas a tódolos inscritos, agardamos non defraudar ás expectativas. Se o tempo acompaña, Vai ser un bonito espectáculo e Unha boa Festa final!





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum