Foros ›
XII Trail do Trega - A Guarda
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
440 Posts
Galiza
Reply with quote Post Mon, 24 Nov 2025, 10:49
Post subject: XII Trail do Trega - A Guarda

Onte tiven ocasión de participar por primeira vez neste evento e quero escribir algo por se alguén se quere animar en vindeiras ocasións e poida ter unha referencia.

Primeiro quero agradecer o traballo a todas as persoas que colaboraron para sacar un ano máis a carreira adiante. Aplauso

Sobre o evento quero destacar que está moi correctamente organizado, non tiven problema ningún.

* teñen unha web propia onde está dispoñible o regulamento
* enviaron un correo electrónico uns días antes confirmando horarios das carreiras e entrega de dorsais
* a entrega de dorsais era áxil (polo menos cando eu fun)
* a ruta estaba perfectamente sinalizada, son probas curtas e con bastante participación, pero en todo caso era imposible perderse
* os avituallamentos nos lugares establecidos con anterioridade, con auga, froita variada, froitos secos e bica
* a ruta en si é variada e cunha dificultade técnica medio-baixa, apta, na miña opinión, para persoas que queren desfrutar de correr pola natureza sen arriscar (demasiado) a levar un golpe, ou para irlle collendo o truco a esta modalidade. As zonas máis perigosas eran precisamente as escaleiras de pedra que baixaban das antenas Smile (50 m.). Abonda o terreo para exprimirte se queres correr (e tes forza) así como para ter un pouquiño de cabeza nas baixadas (non é terreo desfeito e roto).
* en meta había novamente avituallamento e auga abondo, así como unha tapa de callos (garbanzos con cousas)
* fotografías: nin busquei, pero parecía haber unha ou dúas fotógrafas «oficiais», pola pinta Mr. Green , así que debería haber fotos de todas as participantes para lembrar a xornada
* ah! e a camiseta de recordo pareceume moi orixinal e chula Aplauso

non fixo frío e case non choveu nada, polo que tamén puidemos desfrutar dunhas vistas fabulosas sobre o Miño, Portugal e a propia vila de A Guarda.

Animo a calquera que vaia pasar unha bonita mañán correndo en compañía.

para que non todo sexan «flores» Smile aquí van dúas situacións que a min teríanme axudado.

Quizás publicar con máis antelación o perfil, aínda que non sexa o «track» exacto, pode axudar a facerse unha idea do percorrido. Coa mesma distancia e desnivel non é igual dúas subidas longas e constantes que sete máis curtas e empinadas. Na web estaba un ou dous días antes (que eu vise).

Non tiven problema para estacionar, xunto ao pabillón, pero non vin no regulamento ou na web unha orientación ao respecto, sobre unha zona recomendada

Persoalmente non me sentín nada forte, por cousas, pero souben adaptarme ás circunstancias e pasei unha xornada moi agradable.

Espero que un par de persoas que vin coxeando estean ben Rezar . Un saúdo ás «rapazas» que levaban camisetas con gatos coloridos, que corrín moito tempo canda elas.

Grazas outra vez.

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum