Mon, 08 Jun 2026, 14:48 Post subject: Re: LAXE
Eu fixera o ano pasado a distancia 5k (a 10k ven a ser o mesmo percorrido por dúas voltas), todo bastante chanciño, salvo por unha subidiña pequena pero con bastante desnivel nada máis saír do porto para meterse pola vila.
Mon, 06 Jul 2026, 8:29 Post subject: Re: LAXE
Moi ben organizada. Eu corrín a 10k e a segunda volta fíxoseme moi longa pola calor que ía (contaba que ía facer algo de nordés para suavizar as temperaturas pero a verdade é que non se movía unha folla e ía unha calor abafante, pero moi ben esas mangueiras para refrescarnos).
O único "pero" (que tamén lle pasa á maioría de carreiras) son as botellas de plástico que deixamos espalladas polo chan. Unha posible solución sería poñer uns contedores coas tapas abertas un pouco despóis dos avituallamentos (e tamén que as botellas fosen das pequenas de 33cl que total a maoría de nos lle botamos un par de grolos ou se vai moita calor un pouco polo pescozo).
You cannot post new topics in this forum You cannot reply to topics in this forum You cannot edit your posts in this forum You cannot delete your posts in this forum You cannot vote in polls in this forum You cannot attach files in this forum You can download files in this forum