Sun, 21 Feb 2010, 19:29
Post subject: Re: EN BUSCA DEL EQUIPO PERDIDO.....
OOOOla, pois en Lugo complicado: o tempo algo frio (e con vento) e , efectivamente, era a proba máis dura do circuíto (polo menos ata o momento), cunha costa duriña aínda que curta e outra ao saíres desta en dirección á saída/meta, suaviña e tendida pero para o meu gusto máis puñetera porque parecía que non dabas recuperado ben da pendente anterior; en fin, semella que as lumbares se portaron ben desta volta e da tendinite só me acordei un chisco na volta á Coruña e en frío, coido que estirando e quentando ben antes e despois das probas (coma hoxe) e entrenando con calma e cabeza podo ir mellorando e fortalecendo a perna e a espalda.
O resultado da proba, malo por parar os adestramentos durante tres semanas, por coller algún quilo durante este tempo (pola falta de actividade deportiva

e as laconadas

), .......... : 5:48 o qm., o meu peor resultado en probas tan cortas, e apenas 61 puntos a sumar para o equipiño, síntoo

.
En troques, aledome de que o pasaras tan ben en Ordes, Manuelpua.
¿Algunha posibilidade de que nos vexamos en Porriño? Eu irei aínda que sexa renqueante e aínda que so sexa para acabar e ir collendo algo de volume e qms. nos adestramentos/probas.
Un saúdo a todos..