Fri, 03 Sep 2010, 23:15
Post subject: Re: Equipaso: Pura Raza Galega (PRG)
tara escribió: |
bueno que leria tedes somos un equipo ou que ? si falta pedro outro po sitio jeje javiyl o teu amigo que tal corre ? e de facer equipo con outra sente amin nadie me diso nada ,compi espero que sigas de capitan e que sigamos sendo a miña parella ,bueno si me deisas por outra comprendote jeje espero que melloren as cousas e podes disfritar da vosa compañia ,vemonos na prosima |
Bueno, a pesar dos pesares e xa que isto parece a presidencia dunha comunidade de viciños da que todo o mundo intenta escaquearse

.........na miña modesta opinión debería ser rotativa e gustariame que fose
Tara a capitana da escadra, que opinades o resto?? A fin de contas non é tanta responsabilidade, pero é bonito iso de levar a (c) de capitan ó lado......... E se todo segue polo bo camiño o ano que ven
Cheetos ou Javiyl podería ser o capi....... Pero vamos, ante todo democracia, o que decida o populacho será o correcto.....(pero creo que sería un acerto a capitanía de
Tara, a mais mediatica, por certo, da nosa escadra

). En caso de que a miña opción non saia adiante, non teño inconveniente en asumir eu mesmo a capitanía , pero teriades que axudarme se eu por algun motivo non podo estar moito por internet e inscribir vos a equipa e abrir o post do equipo no circuito 2010/2011, vale??
Tara, por suposto, o meu matrimonio deportivo contigo mentres as lesións e outros inconvenientes nos respecten será duradeiro...... Apuntamonos como parellla, por supostisimo!!!!!
En canto a fichaxe necesaria pois tendo en conta que
Yonathan está descartado debemos ser democráticos aqui tamén........ata que día temos para inscribir ó equipo???? A ver se imos quedar tirados por unha tontería....... A min gustariame que fichara
ArdillaRoja pero non sei como anda da súa lesión, nin as gañas de compartir equipo que ten....... Pois ese é o meu voto para o 5º integrante......... Senón a opcion do amigo de
Javiyl tamén me parece boa.....e no ultimo caso podemos bucear no post ese de "fichaxes e ofrecementos".......
Bueno, populacho, pronunciadevos e rapidiño, ja ja ja ja.....
Pd: Tamén me gustaría a fichaxe de
MapleLeafs.....que aínda que non é galego de orixe, si o é de adopción e ademais ten moita retranca, grande intelixencia e nobleza e gosta moito das palabras galegas, vamos o que ven sendo un galego de pura raza

.....
Se eu puiden, ti tamén...