Foros ›
Inclusión de carreiras no circuito
Foros de debate / O Circuito 2009-10
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 19:55
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

lestrove escribió:
Pois eu quero que puntue po Circuito,a V Running Fujian Wang,que se celebrará o 28 de Febreiro en Pekin. Moi feliz
E quero que entre porque van correr moitos familiares e amigos meus. Satisfecho

Poderias dar máis datos...?
...perfil do círcuito?
... sitios para aparcar cerca?
... chegase antes pola India ou por Pakistan?
... Championchip ou Cronotec?
... haberá Powerade o rematar?
chucho

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/08
0 Carreiras
88 Mensaxes
milladoiro-ames
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 20:24
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

para que non ter problemas podemos cambiarlle o nome o circuito, en vez de "correr en galicia" podemos chamarlle "correr onde queiras". por outro lado penso que aqui debemos fomentar o atletismo popular na nosa terra, recoñecer os nosos atletas.. e a peor forma e o dia do VII MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN, en lugar de rendirlle homenaxe no seu pobo rabade, pois iremos todos a viana a darlle prestixio a unha proba que doutra forma moi poucos de nos iriamos.
lestrove, vemonos en rabade..
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 21:08
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Lamento non ter nocions de chinés mandarín así que te vas a ter que facer cargo tí de que acepten que a proba puntúe e que che aseguren que cumpren as condicions...

E a ver si nos fan rebaixa no prezo dos billetes por ir moitos... Guiño

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
montxo

Montañés
Montañés
13/12/08
2 Carreiras
1554 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 21:40
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Pois nada meus

Eu xa apuntaba que isto a ser larjo e duro, e isto e por experiencia xa o ano pasado no circuito que era mais longo, mais dun pedia papas

Asi que hay que ser consecuentes, solidarios, sufridores e boas persoas, e cantas mais probas.... mais festa Ríndose

Sorte e non mancarse Aplauso
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 22:19
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Non é broma,pero estamos adulterando a competición,sigo insistindo,esto é Correr en Galicia,e non Correr nas aldeas veciñas de Galicia. Nono

Pero o amigo Montxo e algún que outro mais,andanlle quentando a cabeciña o Admin,e éste cede as suas pretensións. Demo

Pois non señor Admin,hai que sacar xenio e decirlle que Carreiras fora de Galicia non entran no Circuito............!! Oh,si é pa expulsar do foro pa ahí non che tembla a mán,non !! Guiño
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 22:36
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Eres libre de pensar o que gustes pero, que eu saiba, o Admin non é o único que decide e eu non me sinto presionado nin nesto, nin no tema das 'solidarias' nin co tema da "dureza"...

A web de correr en galicia e o seu circuito buscan o fomento da participación en carreiras populares principalmente no país pero non únicamente... si nos pomos tan estrictos haberá quen pida que a maraton de Tui ou a carreira de Salvaterra non puntuen porque saen de Galicia.

Chucho por si non o sabes en anteriores edicions SI que era "corre onde podas" e non pasaba nada... Puntuabase calquer proba da que se tivese un enlace web para ver a clasificación oficial; o asunto é que a xente adestre e participe en probas.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
montxo

Montañés
Montañés
13/12/08
2 Carreiras
1554 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Xan 2010, 23:28
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

lestrove escribió:
Non é broma,pero estamos adulterando a competición,sigo insistindo,esto é Correr en Galicia,e non Correr nas aldeas veciñas de Galicia. Nono

Pero o amigo Montxo e algún que outro mais,andanlle quentando a cabeciña o Admin,e éste cede as suas pretensións. Demo

Pois non señor Admin,hai que sacar xenio e decirlle que Carreiras fora de Galicia non entran no Circuito............!! Oh,si é pa expulsar do foro pa ahí non che tembla a mán,non !! Guiño

Imos ver Lestrove, eu xamais pedin a ninguen a inclusion de ninguna carreira no circuito, as veces que pedin que se incluise alguna proba, fiseonme no foro correspondiente e publico, a mais eu estou contijo, non me apetece nadiña ir a Viana do Castelo, e o mesmo tempo a inclusion de est proba repercute noutras no territorio Galego, a vispera en Moaña e problablemente o Cross de Boboras...

A mais si eres intelixente o que eu dixen foi que tentaria da inclusion da Maraton de Toral, por estar descontento co que antes dixen, pero date conta que hai un regulamento, e todo aquelo que non o crontadiga non se pode poñer en dubida.

Mira debes leer o regulamento e o mesmo tempo lee tamen o fio da
"peticion alternativa as inscripcions por parte CHCH", porque creo que non o entedenches ben.

Por favor non inventes nin falles a verdade!

E o dito a correr e disfrutar e non mancarse Ríndose
Chacal

S. Veterano
S. Veterano
20/02/06
0 Carreiras
4553 Mensaxes
Arteixo - Coruña
Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 0:09
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

chucho escribió:
para que non ter problemas podemos cambiarlle o nome o circuito, en vez de "correr en galicia" podemos chamarlle "correr onde queiras". por outro lado penso que aqui debemos fomentar o atletismo popular na nosa terra, recoñecer os nosos atletas.. e a peor forma e o dia do VII MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN, en lugar de rendirlle homenaxe no seu pobo rabade, pois iremos todos a viana a darlle prestixio a unha proba que doutra forma moi poucos de nos iriamos.
lestrove, vemonos en rabade..
Yo si voy, voy a Rábade y no a Portugal!

Trabajar y entrenar

www.mijailmoriatov.com

www.musicaengalicia.com


1:21.32 en mi mejor Media Maratón. Pontevedra 24/10/2010 y 2:58.23 en mi mejor Maratón. Toral de Los Vados 19/06/2011
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
505 Carreiras
1573 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 1:23
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Chacal escribió:
chucho escribió:
para que non ter problemas podemos cambiarlle o nome o circuito, en vez de "correr en galicia" podemos chamarlle "correr onde queiras". por outro lado penso que aqui debemos fomentar o atletismo popular na nosa terra, recoñecer os nosos atletas.. e a peor forma e o dia do VII MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN, en lugar de rendirlle homenaxe no seu pobo rabade, pois iremos todos a viana a darlle prestixio a unha proba que doutra forma moi poucos de nos iriamos.
lestrove, vemonos en rabade..
Yo si voy, voy a Rábade y no a Portugal!

+1
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3128 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 10:01
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Que eu saiba Montxo non pediu a inclusión da carreira de Viana, polo tanto Lestrove, agradécese que retires o comentario que fixeches. De tódolos xeitos, á hora de decidir a inclusión de probas non son eu só o que decido, así que non me sinto presionado para nada.

Por outra banda, as probas convidadas deben cumprir o requisito de "... proximidade xeográfica e vinculación con Galicia", cousa que no caso de Pequín xa non o cumpre por estar a varios miles de kilómetros de distancia.

E como di Kandpalleiro, no seu momento o Circuíto foi "corre onde podas" sen restricción xeográfica. O caso é que teñamos unha motivación máis para ir ás carreiras, non que sexa a única motivación para facer deporte.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 10:46
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

[quote="chucho"]
pois iremos todos a viana a darlle prestixio a unha proba que doutra forma moi poucos de nos iriamos.
uote]

Sin ánimo de polémicas e partindo da base que desexo que a Rábade vaia un gran número de corredores, aclararte que o ano pasado a media Manuela Machado non entraba no circuito e rematamos a proba 359 galegos. Simplemente pasa que hai carreiras que se gañan a estima dos atletas populares e o resto o fai o boca a boca. O Circuíto é un proxecto xenial pero unha parte dos que participamos non deixamos de ir a outras probas se nos gustan. Neste caso cadrou que a meten no Circuíto e penso que merecidamente.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 11:50
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Vistas as taxas de participación ata o de agora unha cousa SI se pode afirmar con satisfacción: O circuito MOVE.

Así, as probas con mais centralidade dentro do eixo atlantico de Galicia están a acadar un 40% de participantes que están inscritos no circuito.

Penso que grande parte da forza deste movemento é que nin depende dunha empresa de cronometraxe, nin de unha organización ríxida, nin pretende que toda a xente só participe en unha proba cada día... cada quen pode ir onde considere oportuno e participar.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Xov, 07 Xan 2010, 12:48
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Está claro que o Circuito 2009-10 está sendo un éxito rotundo. Aplauso
A xente está masificando Carreiras ata das chamadas familiares,donde soio iban os veciños. Guiño

Pero bueno,que non se nos suba o éxito a cabeza,porque esto igual pode ser pasaxeiro. Sorriso

Así que entre todos temos que ser unidos e benlevados,con criticas constructivas e aceptar certos criterios que o mellor non son do nosa agrado.. Moi feliz

!!! Larga vida o Circuito de Correr en Galicia !!! Moi feliz Aplauso Bailar Razz
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3128 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Ven, 22 Xan 2010, 11:12
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Para os próximos meses xa están incluidas:

- as probas do Corre con Nós de Lugo
- a Interrunning 2010 para febreiro
- a Solidaria de Tui o 13 de marzo con puntuación igual para todos
- a Vig-Bay no mes de abril
- o Medio Maratón de Ferreirúa en maio

A organización dos 10 km da Cidade Universitaria de Vigo non queren incluila súa proba no Circuito 2009-10.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Ven, 22 Xan 2010, 11:44
Asunto: Re: Inclusión de carreiras no circuito

Admin escribió:


A organización dos 10 km da Cidade Universitaria de Vigo non queren incluila súa proba no Circuito 2009-10.

Nin falta que fai,así xa non vou. Satisfecho





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos