Foros ›
Author
Message
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 03 Jun 2010, 4:16
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Comprendo o que dís, pero este ano estamos a pedi-lo consentimento das organizacions e non damos como puntuable ningunha proba ata que temos esa resposta e, neste caso, a resposta chegou o martes día 1 ás 19h.

Si facemos o que propós este ano teríamos moitas carreiras menos. Por outra banda a nosa intención é que a xente teña mais oportunidades de participación en probas de diversas índoles e esta finde só había puntuables probas "fortes": Esgos ou Olmo.

Para a tempada coido que poremos prazos mínimos segundo coeficientes pero non tan longos como os que propós, porque, insisto, quedariamos sen moitas probas.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
148 Carreiras
1126 Posts

Reply with quote Post Fri, 18 Jun 2010, 20:05
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Eu plantexo unha dúbida para a vindeira edición do circuito (se a hai, por suposto....)

No caso de que algun dos competidores que consigan a permanencia en 1ª división este ano, non compita no circuito o vindeiro ano cal é o criterio que tedes en mente para cubrir esa vacante (igual aínda non o estudiarades e ó mellor sería bo ir pensándoo)

O 31º clasificado de 2ª división ou o 131º de 1ª división??? Ou ir rescatando un de cada división alternativamente en función do número de baixas?

Como ben di o regulamento (punto 11) neste caso a decisión estaría nas mans dos administradores....

O importante non é chegar o primeiro senón chegar enteiro.
chucho

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/08
0 Carreiras
88 Posts
milladoiro-ames
Reply with quote Post Mon, 26 Jul 2010, 22:01
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

boas.. como gañador da 2ª division quixera facer unha proposta para a proxima temporada. pareceme interesante a posibilidade que na metade do circuito un numero determinado dos clasificados nos primeiros postos ascendan directamente a primeira, en detrimento do mesmo numero de participantes de primeira que teñan a esa altura da tempada a peor puntuacion. esto seria un aliciente para incetivar a participacion durante a primeira parte do circuito e o tempo posibilitar que os destacados de segunda podan competir de tu a tu cos de primeira... o unico que os separa a veces e que uns levan varios anos correndo o circuito e outros acaban de empezar. como exemplo a miña situacion no anterior circuito, no que estando en segunda acadei mais puntos que calquera de primeira..
a bola esta no voso tellado
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Tue, 10 Aug 2010, 17:22
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

RESUMO ATROPELADO:

tintin pediu que as solidarias non putuaran menos que as normais.

Migueliño propuxo engadir puntuación por tempos.

Krrkrrktpillo propuxo unha antelación mínima de anuncio da inclusión de probas.

Houbo un longo debate sobre o tema das "probas convidadas" o que terá CUMPRIDA RESPOSTA NA VINDEIRA EDICIÓN.

Lois propuxo non limitar temporalmente o circuito.

runrunpabli propuxo un número de probas limitado para cada distancia.

Tartarugo preguntou polo sistema de ascensos/descensos no non incluido no regulamento.

E chucho propuxo que se faga un ascenso/descenso á metade da tempada...

espero ter resumido ben todo, agradecervos a vosa colaboración e pedir, novamente, disculpas polos malos entendidos e os fallos; que os hai, non se negan, por iso esto é MELLORA CONTÍNUA.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Posts

Reply with quote Post Tue, 10 Aug 2010, 18:27
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

isto e un can de palleiro e non un lobis home,ja,ja,ja. Angel Angel
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sat, 14 Aug 2010, 19:21
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Está pechedo este fío? Despois do resumo de Kan, semella que si Silbar ; senon é así, 2 propostas a nível de equipas:
-Crear divisións, con ascensos e descensos coma nos individuais, con, por exemplo, as 36 equipas deste ano en 1ª e os restantes (as de nova creazón) en 2ª.
-Recollela posibilidade de que as equipas poidan suplir a mancados de longa duración por outro atleta, coma no fútbol.
Cómo o vedes?
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Sun, 15 Aug 2010, 9:36
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Unha mellora contínua nunca pode darse por pechada¡¡¡

Teremos en conta tamén estas propostas ainda que hai xa moi pouco prazo.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Posts

Reply with quote Post Thu, 02 Sep 2010, 16:18
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

hola e boas tardes, queria facer un comentario sobre as carreiras que limitan o numero de participante, e que me pareceria optimo que non se incluiran no circuito posto que so admiten un numero de inscriptos haberia xente que non poderia participar ainda que quixera, o caso da proba do berbes en vigo, unha carreira de dez mil que limita os inscriptos a 300.
non concorda coa filosofia de fomentar o deporte de CeG e poderia perxudicar a algunen que busque puntos nesta proba.
saudos.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum