Mon, 17 May 2010, 15:45
Post subject: Re: Diario de Sochas
| runrunpabli escribió: |
enton amigo sochas si que baixaras de 1h 18m, xa veras  |
Ó final casi acertas xa que fixen 1h18min13seg (un par de segundos menos o tempo neto).
Mércores e Xoves descansei que o domingo tocaba facer a media maratón.
Venres:
35' co meu pai a ritmo suave.
Sábado descanso.
Domingo:
Media maratón da Coruña.
Quedei de 25 cun tempo de 1h18min13seg.
Tanto o día como o circuíto estaban para facer unha boa marca.
Arriesquei co ritmo dende o primeiro km e saliume bastante ben xa que aínda que a segunda metade da carreira me saliu peor que a primeira non perdín moito tempo.
Pasos km:
3'40, 3'40, 3'45, 3'38, 3'43, 3'38, 3'39, 3'40, 3'39, 3'43, 3'44, 3'42, 3'40, 3'41, 3'42, 3'41, 3'43, 3'50, 3'50, 3'44, 3'44, 16''.
Algún km está calculado dividindo o paso de 2km xa que non fun capaz de picar todos os km.
Luns:
Quixen facer unha rodaxe na carreira da Guía pero cando comecei a quentar doíame moitísimo o tendón de aquiles do pé dereito e decidín non participar. Ata tiña o dorsal posto e todo.
Esta semana irei ó fisio, espero que non sexa nada grave.
Un saúdo
Pincha para ver os meus albums Dándolle caña á bici...