XI Aniversario Correr en Galicia

XI Aniversario Correr en Galicia
Grazas a tod@s por facelo posible

Este mes de novembro Correr en Galicia cumpre 11 anos dende que abriu as súas "portas" alá polo ano 2003... de cando usar un móvil para conectarse a Internet parecía cousas de marcianos Moi feliz

Ata este ano 2014 chegamos cos nosos altibaxos, con centos de historias, miles de fotos e centos de miles de puntos no Circuíto...

Moitas grazas por facer deste foro un dos máis lonxevos e activos da Internet galaica e formar entre todos unha grande familia de corredores espallados por todo o territorio e máis aló... un saúdo especial aos foreiros emigrados que seguen conectados de xeito virtual.

Unha grande aperta a tod@s e quilómetros!!

E, coma todos non entramos, aquí vai unha pequena "foto de familia" cos emoticonos "tomando" ao asalto o Calendario Moi feliz



Correr en Galicia
Correndo xuntos, medrando xuntos

Enviado por Admin o 25-Nov-2014 (1306 Lecturas)
"XI Aniversario Correr en Galicia" | 4 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.

Re: XI Aniversario Correr en Galicia
por JoShItO o Martes, 25 de Novembro ás 14:31:39
Sólo dos palabras:

¡¡ Enhorabuena !!

Y, sobre todo,

¡¡¡¡ Gracias !!!!

Sorriso

| Pai

Re: XI Aniversario Correr en Galicia
por MIOTE o Martes, 25 de Novembro ás 15:56:49
Parabéns¡¡¡¡¡ Todo un referente que nos permite pasar toda unha semana de traballo disfrutando coas fotos, comentarios e información moi diversa e por darnos e manternos na ilusión de que formamos parte de algo moi importante: O DEPORTE E A AMIZADE. Grazas

| Pai

Re: XI Aniversario Correr en Galicia
por Admin o Mércores, 26 de Novembro ás 10:48:06
Moitas grazas a todos. O dito, o mellor de todo a grandísima calidade humana atopada ao longo dos anos que compensa, con moito, os malos momentos pasados Moi feliz

| Pai