Voltar

Presentación Circuíto 2023 15-Feb-2023

O Circuíto 2023
En marcha unha nova tempada

O pasado mes de xaneiro, e despois de varios anos de ausencia, puxemos de novo en marcha o Circuíto Correr en Galicia, un circuíto de carreiras populares onde é máis importante a constancia co posto acadado en meta en cada proba puntuable.

As principais novidades para o 2023 son:

  • Duración: do 21 de xaneiro ao 2 de xullo.
  • Límite de distancia: só poderán ser puntuables as probas entre os 3 e os 22 quilómetros.
  • Máximo de envíos: debido a reducción dos meses de competición, o máximo de envíos establécese en 20.
A inclusión das probas segue a ser gratuíta, pero teñen que ser as organizacións as que pidan a súa inclusión, como indicamos neste tema do foro.

Polo demais, o sistema do xogo e de coeficientes segue a funcionar igual. Tanto se xa participaches noutras tempadas como se es novo nisto, invitámosche a participar e coñecelo en detalle na web do Circuíto 2023.

Desexando que isto sexa unha motivación e diversión extra para participar nas carreiras populares e trails ao longo de toda Galicia, agradecémosvos a gran acollida.

Correr en Galicia

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org