Mér, 27 Mai 2009, 14:24
Asunto: Re: BEHOBIA-SAN SEBASTIAN 2008
Vexamos pois, como xa dixen o ano pasado esta carreira é incrible en tódolos aspectos, a organización é perfecta, todo absolutamente todo está dedicado a satisfacer e facilitar as cousas ó corredor (iso págase coa inscipción de 28 euracos), o ambente é boísimo, tanto dentro dos participantes, como no público, hai unha marea de xente todo o recorrido, ate no tramo de autovía, e os pasos polas diferentes localidades, e en especial a entrada e San Sebastián e o último kilómetro poñen os pelos de punta, parece unha etapa do Tour de Francia, berros, pancartas, ánimos pra todo o mundo a xente facendo pasillo na estrada un espectáculo.
O percorrido é duro, moi duro diría eu, ( isto si que é duro e non a vig bay), de saída pásase por Irún nun sube e baixa constante, logo entramos en autovía para subir o porto de Gaintxurizketa, que non é moi duro, pero como te pases no ritmo, logo faise notar, principalmente porque o chegar a cima hai uns 500 mts de baixada pronunciada e ala a subir e baixar todo o rato, poucos tramos planos recordo eu, quizás o paso polo 10000, pero o resto, pra riba e pra abaixo ata chegar a Pasaxes, esa zona é plana pero moi pestosa, eu ahí o ano pasado paseinas putas, parecía que me pegaba ó asfalto, e xusto cando remata iso...entramos en San Sebastián cun repeito duro non, durísimo, parece un muro das clásicas do norte, con dicirvos que a min ese km saíume a 5'30'' e viña a 3'50'' constantes...eso sí está petao de xente, na zona máis ou menos dianteira na que ía eu íamos en fila de a un e o público non deixaba espacio para máis, parecían os pirineos!!!! Logo xa queda unha baixada longa e o último km plano dende o Kursaal ate a meta no Boulevard, para min un recorrido excepcional, eso sí moi exixente se se quere ir deprisa. Así que regular un peliño o principio, sobre todo no primeiro porto, nunca ven de máis.
Por outro lado, reservade aloxamento canto antes, na cidade ou nos arredores, que logo a cousa complícase, eu xa o fixen en Oiartzun coma o ano pasado, o día da carreira coller o euskotren cedo cara a saída porque logo vai a rebentar, e levade unha camiseta ou algo que poidades tirar xusto antes de sair para que non vos colla o frío mentres esperamos, que calor nesa época e por esas latitudes non vai.
Ala, espero haber sido de axuda para aqueles que este ano vos animades a participar, aínda queda bastante e xa iremos contando máis cousas da carreira segundo se acerca a data, eu supoño que este ano a tomarei con máis calma que o ano pasado, xa que é xusto unha semana antes do San Martiño e este ano gustaríame rendir especialmente ben na terra da chispa, pero xa se verá que aínda que moito.
Saudos!!!
pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!
celtaatletismo.es/blog/