Mar, 02 Xuñ 2009, 10:10
Asunto: Re: I Carreira Popular de Cambados
Grazas polos ánimos chavales, xa empezo a estar nervoso.
As duchas estarán no Pavillón de O Pombal, a escasos 400 metros da chegada, espero poñer un plano.
Os aparcamentos, debido a que o centro vai estar cortado ó tráfico, o mellor emprazamento é a Variante do Salnés para os que veñan da Vía Rápida de Pontevedra e a avenida de Vilagarcía para os que veñan pola Vía Rápida de Vilagarcía. Unha zona ampla de aparcamento libres son as inmediacións do Pavillón de O Pombal (donde están as duchas). Para os que veñen de Vilagarcía téñeno moi fácil, despois da rotonda de Corvillón, pasades a gasolinera e colledes o primeiro cruce á dereita ( rúa Carreira), e caedes xusto nunha explanada donde está o Pavillón, con moitas prazas de aparcamento. Para os que vindes por Pontevedra, cruzar toda a variante do Salnés (donde xa haberá sitios para aparcar), chegar ó cruce da avenida de Vilagarcía, coller á dereita e a 100 metros o cruce á esquerda da rúa Carreira. Todo esto está a cinco minutos da Praza de Fefiñáns.