Lun, 08 Xuñ 2009, 15:46
Asunto: Re: Aquilianos 2009
O venres cando chegamos a Ponferrada xa comezamos a intuir o que podía pasar ao día seguinte na proba… choiva e mais choiva…
pero quedámonos curtos…
A proba sae ás seis da mañán do centro de Ponferrada, despois de callejear un rato (pouco) á luz das farolas, comezamos a trotar por unha pista de terra ancha e con bó firme, que se agradece porque ainda non é totalmente de día. Está pista vaise facendo cada vez mais estreita ata poñernos en fila de a ún, rodeados de maleza por todolos lados, parece que estamos na xungla…
así chegamos ao primeiro avituallamento, onde xa me sorprendo co ben surtido que está…
Continuamos para ir pouco a pouco collendo altura… disfrutamos cunhas impresionantes vistas do “Valle del Silencio” rodeados de castiñeiros centenarios… Chegamos a Montes de Valdueza, arredor do kilómetro vinte, onde imos coller os bastóns (que lle deixamos nunha mochila á organización) e voltar a repoñer enerxías. Aí xa nos poñen en antecedentes… “arriba están a 1 grado”
… ata agora caeronnos algunhas gotiñas, pero nada importante… comezamos a pensar si viríamos bastante abrigados
… levamos un cortaventos e unha camiseta de manga curta… ainda que vexo a un tipiño en camiseta de tiras… incrible
…
Neste punto divídense os percorridos: A (larga) e B (“curta” de 48 kilómetros
…), nos collemos cara o A, algo “moscas” polo mal tempo que dín que fai “arriba”… Agora temos unha dura subida e baixada de “quecemento” que nos leva a Peñalba
, aldea preciosa e moi ben restaurada, onde voltamos a avituallarnos…
Agora ven o mais duro, a subida a “Silla de la Yegua”, 1000 metros de desnivel en tres kilómetros
… facemos a subida despacio e cun ritmo constante, agradecemos moito os bastóns… a subida é durísima e sin un só descanso… xa durante a ascensión comeza a chover algo e a facer tamén vento… conforme imos chegando arriba vaise poñendo peor… comeza a pecharse de néboa
… chegamos arriba, con bastante choiva, vento, neboa e moito, moito frío, o que nos obriga a practicamente continuar a marcha sen parar… Neste punto comezamos a botar moito en falta os guantes, que nos esquecemos de meter na mochila… o tempo vai a peor… comeza a granizar moi forte
…e ainda nos quedan tres subidas bastante duras (Berdianas, Pico Tuerto y Guiana)… Este tramo facemolo bastante rápido, a pesares do mal tempo, para evitar enfriar porque a temperatura é moi baixa… non sei a cantos grados estamos, pero temos a cara e as mans "conxeladas" … así ata a Guiana. Onde teñen unha fogueira, como se agradece, a pesares deso tampouco paramos moito para comezara a baixada e coller algo de “temperatura”… Unha mágoa o mal tempo, porque as vistas dende arriba teñen que ser espectaculares…
A baixada de a “Guiana” é por un cortalumes bastante longo… pouco a pouco imos quecendo… a temperatura xa é agradable, como o camiño que agora vai por herba e rodeado de piñeiros… xa case vemos Ponferrada… Chegamos a Ferradillo, e alí cae un chaparrón tremendo, agardamos un rato, pero como non parece que vaia parar ainda, continuamos a marcha baixo unha manta de auga… pero bueno, nada que ver co que soportamos “arriba”… Agora case todo é baixada, pero hai que ter moito coidado porque está cheo de lama e resbala moitísimo, está moi perigoso… Así chegamos a Rimor derradeiro punto de avituallamento, aquí case non paramos, estamos pletóricos… pero ainda queda moito e faise moi… moi… longo e aburrido
… Facemos tramos camiñando, comeza a facer algo de calor e incluso sae o sol… quitamos os cortaventos… agora xa non nos queda ren… Gardamos as derradeiras forzas para chegar correndo á meta, volta a chover… ¡que chova!... ¡xa chegamos!...
Noraboa amigo Toño, ¡impresionante!
A organización pareceume impecable, o percorrido é precioso e está moi ben sinalizado (e en certos tramos non é nada sinxelo…), os avituallamentos surtidísimos… mais imposible… e esta ano como novidade incorporaron o chip… Parabéns aos organizadores!, a miña mais sincera noraboa!
Saudiños.