Lun, 22 Xuñ 2009, 18:03
Asunto: Re: Marathon de Toral de los Vados
Un ano máis, e xa van seis, cumplimos co Marathon de Toral. É unha das miñas probas fixas no calendario. Este ano chegaba ben de forma, facendo as miñas mellores marcas en media marathon, viña un pouco escaso de Kms. pero iso é o problema de todolos anos. Asi que viña ambicioso e saín coa intentención de facer menos de 3h 10' , isto é baixar 5' a miña mellor marca.
Na saída, caras conocidas de Vigo pero menos que outros anos. A temperatura boa, sobre uns 13º. Salo un pouco rapido, os primeiros 3km a 4' 15'' . Sobre o Km 4 colleme un chaval de Vigo co que xa coincidín máis veces e imos xuntos a bo ritmo. Pasamos o km 10 un pouco por debaixo de 44' e seguimos ata a media maratón onde se queda un pouco e me dice que non o espere. Paso a media en 1h 33'44'' bastante comodo e collendo cofianza. Paso sólo por Ponferrada, na Primeira rotonda hai un Municipal, pero na segunda ningún, eu xiro á dereita porque me sei o circuito pero penso que pode vir alguén solo e seguir de frente. No seguinte cruce hai unha voluntaria que indica á dereita e logo ninguén máis despois ata pasar o Hotel do Temple, onde hai outro guardia regulando o trafico no Km 25. Aqui pasanme varios corredores que van moi rápido o que me mosquea xa que ainda que eu creo que vou ben, empezo xa a dudar do meu ritmo. Pero paso o km a 4' 15''(costa abaixo) asi que non hai problema. Pero pasame outro corredor, este é do Comesaña de Vigo, que nos pasara no km 9 a toda velocidade e eu non me dou conta de telo adiantado, asi que lle pregunto que lle pasou. Xurando en arameo dime que seguiron rectos na segunda rotonda e fixeron casi 2km máis. A organización queixouse de que a a responsabilidade dos cruces en Ponferrada era da Policia Municipal e esta non puxo os suficientes efectivos. Pero eu, sin entrar en quen ten a culpa, creo que para futuras edicións debian curarse en saúde e pintar ó menos unhas flechas no chan.
Paso o km 30 en menos de 2h 14'' e sigo bastante ben a pesar de que me volve a coller o meu compañeiro da primeira media e me deixa pouquiño a pouco. Sobre o 35 xa empezo a decaer de ritmo pero sigo por debaixo de 5' o km. vexo dificil ser sub 3h 10' pero polo menos salvo catastofe vou facer marca persoal. Pasame a primeira rapaza con outros dous corredores e non podo seguilos, empezo sufrir muscularmente, xa que de caixa vou moi ben e non me noto moi cansado, pero empezo a ir na reserva. O calor levase ben, nada comparable ó ano pasado, eu calculo que entraria en meta cuns 22º, xa que cando collin o coche ás doce estando ó sol marcaba 27º. O ano pasado máis ou menos a mesma hora e aparcado no mesmo sitio 35º. Co piloto automatico posto entro en meta en 3h 13' 49'' polo meu crono. así que semi satisfeito e disposto a volver a intentalo o ano que ven se eses malos augurios que falaban por alí, de que podia ser a última edición non o impiden. Esperemos que non, xa que sería unha autentica pena perder este clasico do calendario. Creo que no Bierzo deberian vender o Marathon coma un máis deses maravillosos productos que teñen e que tan ben saben ensalzar.