Lun, 22 Xuñ 2009, 16:15
Asunto: Re: VI Carreira Popular Nocturna de Celanova
Agora que xa pasou a tan esperada Media da Coruña, o Tangaraño, as Nocturnas de Ourense e Xinzo, chegou o momento de poder compartir a noitiña en Celanova o vindeiro sábado.
Os amigos do Pato Blanco andamos todo o ano enchendo de suor e tamén dalgunha lágrima - de dor ou de emoción - as estradas, as dunas, as praias, os montes, deste noso país.
Este vindeiro sábado agardamos que os correrdores populares - veñades de onde veñades - vos sintades tratados en Celanova co mimo que a nós nos teñen brindado en lugares tan fermosos e diversos coma Ferreirua, A Broña, Boborás, Esgos, Negreira, A Merca, Outomuro, Allariz, .. e tantos outros povos e vilas nos que tanto cariño recibimos e tan bo ambiente atopamos.
O foreiro "Celanova" é un dos membros máis activos do noso Clube, sempre preocupado para que todo funcione e deixar o nome da nosa vila nun bó lugar. El ten traballado duro estes días xunto a varios membros máis do equipo. E mantennos ademaís informados cumplidamente das novidades da carreira.
... a propósito, xa están inscritas máis de 260 persoas... co cal a participación vai ser un éxito outra edición máis.
Ata o sábado.
.. Vémonos!!!