Dom, 28 Xuñ 2009, 12:00
Asunto: Re: Carreira en REDONDELA!
Hoxe fixen unha precarreira desastrosa
, quedei durmido
, non tiña moi claro a que hora era a saída, o final cheguei uns 10 mins antes da hora prevista (inocente de min pensando que habería carreiras de categorias menores
) e entre que collin o dorsal e fun cambiarme o coche cando cheguei a saida xa levabades todos un minutiño ou algo asi de proba.....ó mais puro estilo
Perico Delgado, vamos
...... asi que entre o apuro, a carreira que me peguei ida e volta ata o coche e o que apurei para pillar os últimos xa quentei dabondo....que streeesssss
.....foi unha lastima que hoxe fora tan desastre porque con todo rematei por debaixo de 36 minutos e sen ese minuto (mais ou menos) teria sido unha das miñas mellores medias......paseime toda a carreira tendo a
Tara e
ArdillaRoja a vista, pero ian tan ben
que non as conseguin pillar ata o km 4.5, logo conseguinlle aguantar un pouco pero nos ultimos 800 mts paguei todo o esforzo anterior e cedinlles uns segundiños
......pero contento do ritmo a pesar de todo, se adestro un pouco mais podo empezar a plantexarme aguantar ritmos de 5' 30" en 2 ou 3 mesiños
...O mellor, como sempre o encontro cos foreiros amigos como
Safardatxo, Safardatxa, Tara, ArdillaRoja, DoctorSlump (e parella, que non sei se é foreira) e a outros que nos animaron tamén na chegada a meta coma
Montxo, Irdam, Mincha, Oliveira, Joanotra, Moussambani, etc, e outros anonimos e anonimas
.......Na reunión postcarreira se estivo tratando moi seriamente o tema da subida o monte Aloia e mais a formación de equipos para a próxima temporada (xa podedes empezar a temblar
...)
O circuito bonito, as camisetas chulas, avituallamento correcto, detalle para os últimos clasificados pero un par de detalles a mellorar, o avituallamento final un chisquiño lento (ainda que con amabilidade das persoas que entregaban as cousas) e algo mais grave foi deixar a
Safardatxa soa sen ningun tipo de protección de policia, ambulancia, protección civil ou quen fose
, que por ir última non é unha apestada e ten tantos dereitos como o que mais.......neste aspecto moi mal especialmente o policia que a despreciou
.....a pobre tivo que abandonar porque nin siquera sabía por onde ia a carreira realmente
......Moito animo
, e non te veñas abaixo que non todos os que acompañan os que vamos no final son asi de desagradables, esperamos verte subindo ó Monte Aloia paseniño paseniño pero con boa letra (e o resto dos "furgoneiros" tamén, eh
??). Vemonos en Leiro se non hai novidades
Se eu puiden, ti tamén...