Mar, 30 Xuñ 2009, 7:52
Asunto: Re: entrenamento para principiantes
Hola HARUKY, en primeiro lugar, benvido!;
Nos plans de entreno tes sobre todo que empezar despacio, sen presas, as costas poden ser boas... pero ó seu tempo, primeiro tes que preparar a musculatura, e para iso sería vo que fagas os trotes por terreo variado, con costas arriba, abaixo...
Nestes "primeiros pasos" é interesante que fagas trotes a ritmo de entre 8 e 10 kms durantea semana e nos findes tentes chegar ata os 14 kms.
Por norma deberías rematar TODOS os adestramentos cunha sesión de estiramentos e, FUNDAMENTAL, facer 6-8 rectas de uns 80 mts correndo rápido,( dentro das tuas posibilidades).
Cando vexas que melloras, podes engadir pequemos cambios de ritmo con aceleracións dentro dos propios trotes, por exemplo, cada 5 minutos de trote, facer 100 mts un chisco mais rápido... e continuar ó ritmo anterior...
Sorte e unha forte aperta;
Pedro
3&Run C/ Restollal n35 bajo