Mar, 14 Xul 2009, 13:38
Asunto: Re: OPINION TRIATLON LEIRO
piopio escribió: |
quixera que se lean un pouco o regulamento que vén na páxina da federación que hai algunhas obrigas que a xente se salta coma se se debe ou non levar o número na auga, que o deportista ten que coñecer o percorrido e as transicións sen que llelo expliquen os xuíces, que non sepuede entyrar en boxes montado en bici ou sen o casco abrochado nin sen identificación etc., son cousas que conociendolas seguro que fariamos que este deporte vaia a máis. |
Estou de acordo 100% co que dis, non te vou levar a contraria ;), pero xa que o mencionas vou facer unha puntualización xa que tampouco vale de moito lerse os regulamentos que veñen na web se logo hai xuíces que aplican outro diferente.
A min en Leiro o xuiz que controlaba a entrada de boxes fíxome sacar un acople de dúas pezas curvadas entre sí (un spinacci) que cumple a normativa colgada na web (http://www.fegatri.org/index.php?option=com_content&task=view&id=17&Itemid=31) porque segundo él as dúas pezas teñen que estar unidas si ou si.
Se alguén lle da pereza pinchar no enlace:
"páx 12 do regulamento: El acople podrá ser de una o dos piezas que deberán esta unidas por una pieza rígida
en el caso de que las dos piezas no estén curvadas una hacia la otra."
De nada serviu argumentar, nin decirlle que nadie me puxera ningún tipo de peros en toda a temporada de du- tri, incluso cheguei a ensinarlle a folla que tiña impresa con esa parte da normativa ó que o sr xuiz me respostou -Y a mi que, esta es la del 2008, a mi enséñame la del 2009.
- es que es esta la vigente
-no, no, eso cambió y ya en la copa de Europa de Pontevedra se rechazó a mucha gente que lo llevaba así
Vale, pois unha de dúas, ou o xuiz ten razón e existe unha normativa do 2009 que non puxeron en ningún sitio (nin na páxida da FETRI ni da FEGATRI) que entón a culpa sería da federación ou, ainda peor, que o home este non ten nin p. idea da normativa en vigor e invéntase cousas.
En todo caso non me quedou outra que quitalo. Por sorte atopei a un triatleta que me pudo deixar unha chave allen (gracias de novo) e non tiven problema para quitalo pero non é así, non vou perder moito por ir sen él pero se o regulamento o permite a mín gústame levalo e punto.
Entre iso e que tamén pensaba que a salida era ás 11 e logo dixeron que era ás 10:15 pois bueno resultoume todo bastante estresante.
Sobre a valoración da proba, miña opinión vai estar bastante sesgada porque estiven na organización
. O maior fallo que vin foi o dos horarios pero quería comentar que non foi unha decisión de última hora da organización como se dixo nalgún comentario senón un erro no horario (quizáis tipográfico da persona que escribiu 11:00 en vez de 10:10, ou se mandou unha versión non actualizada do documento, non sei) porque ó final da proba comenteillo ó noso presidente e él non sabía que na web estaba posto como hora de saída de categorías ás 11. Entendo que a xente se sentira molesta porque a min tamén me afectou pero a próxima vez teremos máis coidado con ese tipo de detalles