Mar, 21 Xul 2009, 12:22
Asunto: Championchip ataca contra o atletismo en Lugo.
Hoxe pola mañá chegamos varios atletas de Lugo á pista de atletismo, cando nos atopamos con que se estaba a realizar unhas probas físicas controladas pola empresa Championchip. Debido a que non había ningún cartel que prohibise o uso das instalación, tal e como soe ser nestes casos, entramos e preguntamos o encargado da instalación se podiamos adestrar, co que el nos resposta afirmativamente. Acto seguido preguntamos aos organizadores da proba cando ían rematar, xa que estaban a usar a rúa 1 e nos queriamos dispoñer dela para facer uns ritmos competición. Os organizadores dinos que están a rematar e que nuns intres recollen todo. Fartos de esperar e cas probas xa rematadas, preguntamos se poden quitar as alfombras de cronometraxe (míticas alfombras de goma de Championchip) ao cal nos volven dicir que as retiran agora, segue pasando o tempo e lles pedimos permiso para facer as series por riba das alfombras, co que nos din que sen problema. Ao rematar as series un dos traballadores de Championchip ven todo saído das suas casillas e comeza a insultar a un adestrador famoso e veterano de Lugo (creo que non fai falla dicir o seu nome) dicindolle insultos como "sin verguenza" ou "gilipollas" por que segundo el os clavos de 3mm. furaran as alfombras, esas alfombras que se colocan nos cross con clavos de 12mm. Nós achegámonos e non vemos nada e lle facemos a demostración reiteradamente de que os clavos non dañan a goma. Este energúmeno continúa fora de si e se pon a cargar contra os atletas mentres están a facer a recuperación, con insultos e dicindolles que ao correr fan un xiro co pé duns 90 grados que é o que produce destrucción da alfombra (gran cultura atletica desta persoa, máis tendo en conta que un dos atletas que fixo a serie é un atleta internacional que se marcou hoxe un 3´50 no 1500m., non sei se a ese ritmo da tempo a facer tal xiro). Malia que nós faciamos caso omiso o energúmeno volvía chamarnos no pleno adestramento, buscando un maior protagonismo cargando contra nós.
non sei que é o que se debería facer, mais creo que pode ser importante que tanto a federación galega coma o concello de Lugo se plantexe para as vindeiras competicións, contratar a unha empresa que non lle importa nada o respecto aos atletas.
Un saúdo a tod@s.