Mar, 23 Ago 2005, 15:23
Asunto: XXI CARREIRA POPULAR MEAÃ?O 2005
Ola foristas.
O vindeiro 11 de setembro vaise a celebrar a
XXI Carrira Popular Meaño 2005, da que podedes atopar cumprida informacón nesta mesma web ou en
www. asociaciongam.org, páxina da
Asociación Cultural e Deportiva G.A.M., entidade organizadora.
Como membro da organización, pódovos dicir que traballamos ano tras ano para mellorar tódolos aspectos da proba: premios, categorías, servicios, etc. Aínda así, sabemos que hai moitas cousas que se poden mellorar, e outras novas que se poderían incorporar (por suposto, dentro da capacidade económica e de organización que temos).
Por eso me dirixo a vos para que nos dedes a vosa opinión en xeral da carreira, se vos gusta ou non (e porqué), que se pode mellorar, que aspectos se poderían incorporar, etc., etc., non só como membro da organización, senón tamén como compañeiro de carreiras que son.
Se queredes podedes dirixirvos a nósa dirección de correo electrónico gam @ asociaciongam.org, ou ben respostar neste mesmo foro.
Moitas gracias a todos e todas.
Marcos Castro
Moitas gracias pola vosa colaboración.