Mar, 28 Xul 2009, 9:26
Asunto: Re: indignante,hay q hacer algo
Creo que para moitos este luctuoso feito está removendo conciencias. Esta perda non quedou reducida a unha mera nova nos periódicos: "peatón atropellado....". Non. O que podería ser unha anécdota, un dato numérico máis (lembremos que, según datos aparecidos neste mesmo fío, xa van uns
40 atropellos nesa bisbarra), pasa a ter nome, a ter unha historia, a ter unha cara que nos conmove e nos arrepía a alma do sinsentido desta morte (vin a foto na web de Pedro Nimo). Desta vez non solo a familia e os amigos están sufrindo. Con eles, está sufrindo todo un colectivo que sinte que, como
Guillermo Renda, calquera de nós podería sufrir esas mesmas consecuencias do que é a barbarie das estradas, da falta de conciencia do que se leva entre as máns, da falta de respecto polas vidas humanas. Quizais sexa un pouco a metáfora destes tempos modernos. E por eso mesmo todo aquelo que consiga remover conciencias (de políticos, de conductores, de peatóns...de todos os que dun xeito ou outro poden estar implicados) deberá ser considerado como positivo. E daquela, o pasamento de Guillermo non quedará esquecido nun recuncho dun diario.