Ven, 07 Ago 2009, 16:47
Asunto: Re: NO A LOS PREMIOS EN METALICO EN LAS CARRERAS POPULARES
Pois eu sigo dicindo que os premios en metálico son deshonrosos. Como atleta aficionado que son, o único que me motiva é a superación dunha marca, un rival, ou algunha medalla conmemorativa (como cando na carreira de Santiago só repartían ós 600 primeiros: levoume tres anos conseguila).
En xeral, opino que cando un deporte se convirte en profesión, deixa de ser deporte. Prefería mil veces as olimpiadas como eran antes, só para amateurs. Cando hai intereses económicos de por medio, desvirtúase o espírito, e o ciclismo é un claro exemplo.
E anticipándome ás críticas, se algún día consigo nalgunha carreira un premio en metálico, evidentemente non o vou rexeitar. De momento, se hai varias na mesma fin de semana, procuro ir ás carreiras onde non outorgan eses premios.