Dom, 09 Ago 2009, 12:08
Asunto: II Carreira Pedestre de Campañó
Inscriciós
e-mail en
elias.dominguez.cabral@gmail.com ata o dia 17 de setembro ás 20 horas.
Os Veciños de Campañó que se queiran inscribir dirtectamente, poderán facelo nos delegados de zona da Asociación Cultural Deportiva Campañó ata mesma data e hora.
Indicar:
- Nome e apelidos
- Data de nacemento
- Procedencia
- No caso de ser federado/a indica clube e número de licencia
- E-mail
- Teléfono de contacto
Premios:
Chupetes e Pitufos: Medalla e agasallo New Balance.
Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.
Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):
1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
3º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €
Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó
As probas darán comezo ás 16,45 h. do sabado 19 de setembro de 2009.
A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
A proba estará controlado por os xuices da delegación de Pontevedra.
A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres).
Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta.
Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto.
Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.
A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.
INFORMACIÓN ADICIONAL
Unha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre tod@s os participantes (MP 4, material deportivo, bicicletas, etc)
www.jeffxavi.blogspot.com