Lun, 10 Ago 2009, 22:31
Asunto: Re: Carreira Popular de Cartelle
Pois eu dende aqui darlle as gracias a
Pipe por sacrificarse e acompañarme ata o km 6
, empecei demasiado forte como case sempre e acabei pagandoo como sempre
(eu non podo pasar o 1º km a 4'30" nin ainda que sexa costa abaixo
) pero para levar dez dias sen facer nada (salvo os 4 kms do dia anterior na Guarda) e para o perfil da proba con tobogans o longo dos 6 kms entre as duas vilas e subida dura no km 9, ainda que menos dura do que me temia (esperaba algo tipo "cortafuegos de Esgos"
) quedo satisfeito do meu rendimento...notase que algo quedou dos entrenos para Esgos e Aloia....E no plano persoal foi unha carreira especial pois nin sequera tiña moi claro o longo da semana se poderia ir a correla e fixome moita ilusión vervos a todos,
Irmandiños (estan tolos estes porriñeses e o home de nejro),
Fonvigo, Germannd e esposa, Jeffxavi, Beauvais, etc pero en especial os compañeiros de kilometros e confesións,
Pipe e
Tara (verte polo rabillo do ollo fixome apretar o ritmo na ultima costa
, estas feita unha maquina
)....como se vos bota de menos cando non se pode ir as populares, moito moito, de verdade
Con sorte veremonos en Baiona, pero non sei canto poderei adestrar esta semana (e ainda teño q ir buscar o dorsal, que desastriño!!!)
Se eu puiden, ti tamén...