Xov, 13 Ago 2009, 13:56
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA
Eu estou totalmente de acordo tamén coa opinión de
Barbanzon de non excluir as maratons do circuito.
Deberíase tamén, dalgún xeito, intentar facer
unha lista coas carreiras puntuables e os seus coeficientes e tentar modificala o menos posible. Claro que esto é complicado xa que poden darse mil e unha variacións: carreiras novas, algunha que non se celebre, que a organización non garantice proporcionar resultados, modificacións de recorrido, trazado e polo tanto de coeficiente...
Por outro lado, eu son partidario de que non se poñan límites á participación, e dicir, que cada un vaia as carreiras que queira e poida, se iso supón ter que levantarse sábado e domingo ás 8 da mañán pra ir ata Cuspedriños de Arriba e Pedroñeras de Abaixo a correr 5 e 7 kms creo que somos adultos e sabremos valorar se compensa ou non.
Outra idea, quizáis estúpida, sería facer unha clasificación soamente dos corredores inscritos no circuito e sacar os puntos de esta clasificación.
E dicir, agora os puntos acádanse en función do teu posto na clasificación xeral, o ideal sería facelo dunha clasificación na que aparezcan só os inscritos no circuito.