Lun, 17 Ago 2009, 8:46
Asunto: Re: A Carreira de Demo
Hola,
Tara: sempre é difícil arriscarse a recomendar un restaurante porque os gustos de cada un son personales. En un radio de 3 km á redonda poderíache informar de catro ou cinco sitios:
Casa Vilas, en Bretal. Na recta de Olveira -dirección Corrubedo-, enfrente ó acceso ás dunas, hai unha estrada á dereita. A 500 metros, na igrexa de Bretal, de novo á dereita, e a 150 metros está este restaurante. Os fins de semana teñen menu de dous mariscos, carne ou peixe, postre, por uns 16/18 euros.
Si na igrexa de Bretal, en vez de xirar á dereita, seguimos de frente, a 200 m. está a
taberna do Baloqueiro. Churrasco e racións. 200 metros máis adiante, o
bar Dolmen ten fama das 3 bbb.
Si en vez de ir hacia Corrubedo, imos dirección Ribeira. Na rotonda de entrada á autovía está a
Churrasquería Albariño. Si seguimos hasta Ribeira, a 20 metros da rotonda que hai na entrada do pobo (cerca do Haley) está o
restaurante Luarada, magnífica comida, lugar agradable e bo precio.