Ven, 14 Ago 2009, 7:27
Asunto: Re: Mi primer entrenamiento
permitome opinar e dar consello
sen coñecer o teu caso particular.
FAI SEMPRE UN SINXELO QUENCEMENTO DUNS MINUTOS ESTIRANDO DENDE OS NOCELLOS Ó PESCOZO. Con suavidade pero evitará molestias e futuras lesións.
1º:
vaite amodo. Parece un contrasentido, pero non corras demasiado nin demasiado rápido. En ningún momento debería faltarche o alento. O peor que se pode pasar é que castigues tanto o corpo que nuns días te aburras de esto (sí, hai xente que lle pasou). Iso si, despois é difícil deixalo.
2º: non entrenes máis de dous días seguidos. O corpo ten que asimilar o entrenamento e recuperarse muscularmente.
3º:
sé constante, márcate un plan dun mes por exemplo.
Axudarache a saír os días que non che apeteza e evitará que salgas e fagas esforzos
cando non debes.
4º: mantén a ilusión e tómao como algo que a longo plazo mellorará a túa calidade de vida.
No teu caso durante un par de meses non faría máis dunha hora ó día e uns tres ou catro días por semana. Se se fai monótono pilla un cronómetro e alterna 10' un pouco máis rápido con outros 10' un pouco máis lentos.
Con esto chegaríache por exemplo para participar en probas de 5 a 10km sen ningún problema. Ir a carreiras e prepararte
aportarán motivación ó teu entrenamento.
Finalmente, se decae o ánimo, pásate por aquí. Daremosche unha patada no cú para que o levantes do sofá
-- Chámame "ghose"