Mér, 19 Ago 2009, 9:31
Asunto: Re: Carreira de Gundián 2009
Solo que esta vez vai a estar un pouco mais sucia por culpa das obras. Esperamos que o ano que ven xa volva estar o recorrido normal, pero bueno, todo depende da administración.
Adxunto envío programa
18ª CARREIRA POPULAR
[align=center]“GUNDIÁN 2009”
PONTE ULLA[/align
]
A Comisión Organizxadora vén de presentar a “18ª Carreira Popular Gundián 2009” en Ponte Ulla.
A proba celebrarase o vindeiro domingo, 13 de setembro, a partir das 10, 30 da mañá con saída en Ponte Ulla e chegada na ermida de Gundián, cun circuíto de aproximadamente catro quilómetros, que discorre polas marxes do río Ulla.
Estabelécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
A.- Até 8 anos (nados/as do 01 ao 2.009)
B.- De 9 a 12 anos (nados/as do 97 ao 00)
C.- De 13 a 15 anos (nados/as do 94 ao 96)
D.- De 16 a 18 anos (nados/as do 91 ao 93)
E.- De 19 a 35 anos (nadas do 74 ao 90): Feminina
De 19 a 40 anos (nados do 69 ao 90): Masculina
F.- Maiores de 35 anos : Feminina
Maiores de 40 anos: Masculina
Os/As vencedores/as absolutos/as recibirán 180 Euros (1º), 100 Euros (2º) e 75 Euros (3º) tanto na categoría feminina coma na masculina, amais do correspondente trofeo.
Os/As primeiros/as e segundos/as clasificados/as de cada unha das categorías recibirán trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 Euros e 35 Euros respectivamente.
Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (ningún/ha corredor/a recibirá máis de 1 premio).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten o D.N.I. ou Libro de Familia (Fotocopias).
Haberá trofeos para os primeiros/as clasificados/as da parroquia en cada categoría.
Cómpre destacar tamén que haberá medallas conmemorativas para todos/as os/as participantes de todas as categorías, trofeo para o/a máis novo/a e para o/a máis veterano/a da carreira, camisetas “Gundián 2008” para os/as primeiros/as 200 corredores/as e degustación gratuíta de “Coca-Cola” e “Donuts” e “ Shak ” para todos/as os/as participantes. Sortearase unha BICICLETA DE MONTAÑA entre os/as corredores/as ao remate da entrega de premios.
As inscricións poderanse realizar no “BAR RÍOS” en Ponte Ulla (Vedra) até 15 minutos antes do comezo da carreira.
Ponte Ulla, Agosto de 2009.
TELÉFONOS DE CONTACTO:
657 - 328131