Sáb, 22 Ago 2009, 15:16
Asunto: Re: Carreira en Lalín
Recoméndovos a todos esta carreira polo circuito polo que discurre, a beira do río, con moito recorrido de terra e salvo o último kilómetro e medio que é tirando parriba, bastante fácil de facer.
Boa descrición a de
Gasman.
Kandpalleiro parece mentira que sexas de Lalín, decir que as pontes de madeira rompen o ritmo, nin que foran portos de montaña, je, je, je.
As pontes de madeira danlle un toque "rústico" o percorrido pero non representan maior dificultade. Sinto que non che coincida coas festas de Lalín que serán a semana anterior, pero ía ser moi difícil que pasase a carreira pola zona das atraccións no regueiriño, ademais das dificultades para cortar as rúas nas festas. Tamén está o tema dos organizadores que van ter festeiros na casa neses días.
Bueno un saúdo, espero que non falte nadie.