Dom, 23 Ago 2009, 19:18
Asunto: Re: ¿Triatlon popular en Cambados?
olvideime de parar o crono ó chegar á meta e non sei exactamente canto faría (
oliveira, haberá clasificacións da proba?).
En canto á proba en sí mesma, era o segundo triathlón que facía (aínda que o anterior fora fai 11 anos no desaparecido triathlón popular de Vigo) e sobre todo tiña moito medo coa proba de natación, porque 250 metros impoñen respeto jeje. Axudou bastante o feito de que fixo moita calor e que a temperatura da auga era moi agradable. O percorrido era asequible (agradécese amigo
oliveira) aínda que gostaríame que a proba en bici tivera un par de kms máis e que fora nun percorrido máis longo para evitar tanto xiro de 180º, pero son consciente do difícil que supón en pleno verán dispoñer de unha calzada soamente para unha proba deste tipo.
A participación creo que foi dun nivel bastante alto, a verdade é que tambén quedei sorprendido coa presenza de Víctor Riobó facendo a proba e espero que o próximo ano poda voltar a Cambados a disfrutar deste bonito evento. Eso sí, prometo adestrar algo de natacion antes
saúdos e especial noraboa a
oliveira
"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)