Mar, 25 Ago 2009, 21:19
Asunto: Re: PEDRO NIMO Y SUS COJ...DIGO,SU PROFESIONALIDAD
1º. A miña muller non vé retrasmisións deportivas. Eu, gracias ás vacacions, estuven pejado a Eurosport toda a semana vendo os mundiaisde 6 a 10 da noite, e de venres a domingo (marcha e maratóns) tamén en xornada matutina.
Non conseguín despertar o interés da miña muller en ver a Bolt, en ver as bágoas de Isinbayeyba, en ver a raza de Marta, e a decepción de 1.500...
Pero cando lle dixen que Pedro corría, entón achegouse á televisión e andivemos busncando no grupo ao noso lider, ao noso referente como atleta.
2º.- E ben triste que Gebre e Samuel (recorman e campion olímpico) non corresen o campionato do mundo de maratón e sí que vaian en setembro á mesma cidade.
Só os que coñecemos a dureza do maratón, e só os que coñecemos a Pedro valoramos MOITO MÁIS A SUA TRAXECTORIA a partir do 22 de agosto pasado.
Ese esforzo, ese compromiso co equipo, diferencia a un auténtico campeón.
Pedro, por todo o moito, moito que fixeches nas estradas, nos camiños, neste foro, coas persoas, cos populares, cos que te coñecen, é un orgullo seguir vendote ahí.
Se penso nos idolos de pes de barro que son os futbolistas de élite en xeral - salvo contadas excepcions - , no seu nivel de esforzo, no seu nivel de preparación, na dureza que teñen que soportar, non aguantan absolutamente ningunha comparación.
Por eso, nesta sociedade, NON ESTA DE MODA ESTE TIPO DE DEPORTES.