Lun, 07 Set 2009, 13:55
Asunto: Re: ANDAINAS 2009
Eu participei por primeira vez e a verdade e que o pasei moi ben, ainda que teño ainda hoxe algunhas secuelas musculares. As paisaxes que che vou contar, espectaculares, mar, monte...acompañado todo cun día soleado cunha pequena brisa que aliviaba o calor.
A organización moi ben, con unha atención estupenda nos controis e avituallamentos, nos que non faltou de nada, auga, frutas, zumos, bocatas, empanada. Si acaso por decir algo non bó, o último tramo, calculo que entre o Km. 47 ou 48, na zona dos muiños, resultou un tanto perigoso, e unha marcaxe do percorrido nesta zona, tivome perdido un par de minutos. Como anécdota decir que pasamos por unha zona de 3 Km. mais ou menos na cal estaban facendo unha batida do xabarín, e ali andabamos nos entre os cans e os cazadores, rezando para non saír dali cun tiro no corpo, polo que nos aconsellaron ir en grupos de seis ese tramo. Supoño que non se pode culpar de eso a organización, habería que ver quen autorizou esa batida si a andaina levaba moito tempo organizada, e un troco do percorrido seía a esas alturas inviable, supoño.
Non sei quen tería a responsabilidade si chega a ocurrir unha desgracia...
Respecto o tempo empregado a min levoume 7h. 50 m, aínda que a suma dos tempos que nos retiveron nos controis por chegar antes sería de 1 hora, e tamen a saída neutralizada polo centro de Riveira demoraríanos uns 20 m.
Pois eso, creo que te perdeches unha gran andaina.