Mar, 01 Set 2009, 10:17
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Concello de Boimorto
Teño que correxir unha cousiña. Desculpando ao meu amigo Guti, o Canicross non é seguro que sean como na carreira absoluta máis de 6000 metros (dúas voltas ó circuito), xa que dependerá da temperatura ambiente que teñamos ese día. É dicir, só poderá ser as dúas voltas ó circuito sé a temperatura non supera os 16º centígrados. No caso de que esta fose entre 16 e 20 grados (á sombra) será coma estes dous últimos anos, unha volta ó circuito (aproximadamente 3.167 metros).
Por certo, publicareis o regulamento básico do Canicross (gracias ó compañeiro Roberto por facilitarmo) de seguido aquí en correrengalicia.
Ahhhhhhhh Tara, unha cousiña, as carreiras a fan importante todos e cada un dos seus participantes, non só os primeiros chegados á meta, así que moita sorte. A min gustaríame contar ca túa presencia, sexa atrás, adiante ou no medio. Un saúdo.