Ven, 04 Set 2009, 14:12
Asunto: Re: Carreira pedestre de Santiago 2009
E sen entrar a discutir a beleza das carreiras, en canto a organización gostame bastante máis a San Martiño de Ourense; e seguramente en concellos e pobos máis pequenos e , por tanto, con medios máis precarios conquiren unha organización mellor ou igual que a de Santiago.
Por exemplo, algo que me alucina (porque nono vin noutros sitios) da carreira de Viveiro, que organiza Lunaplateada é a reserva de prazas nun albergue a noite anterior pa os atletas; iso permite, entre outras cousas, non ter que madrugar pa ir á carreira aos que temos unha hora media ou dúas de viaxe ata Viveiro e poder asistir á tarde antrior á conferencia que teñen organizada, todo iso sen gastar un diñeiral en hostais nestes tempos de crise.