Dom, 06 Set 2009, 10:37
Asunto: Re: carreira de meaño
Hola a todos.
Antes de tratar de contestar a Pedro, "copasdeyate", Joaquin e compañía, dicirvos que xa está colgada na páxina do Gam a última lista de preinscritos (excepto os que o fixeron por teléfono ou fax nos dous últimos días). Fixádevos que hai varios corredores que teñen a súa inscrición pendente porque lles falta algún tipo de dato. Pídovos coidado neste aspecto. Ou nos dades os datos que fan falla, ou non vos inscribimos. Non podemos andar detrás vosa para que nos facilitedes a información. Anque de tódolos xeitos son uns poucos no medio da gran maioría.
Moi ben, agora vou co tema que plantexan Pedro Nimo, "copasdeyate", Joaquín e compañía.
E certo, chamamos a Lolo Penas para que viñera tanto á carreira como á presentación, como actual campión da proba. E certamente nos comentou que este ano (igual que no 2004, se non me equivoco) estaba becado, o que lle impide competir en carreiras que non estén federadas.
Xa da anterior vez (no 2004) fixéramos as indagacións na Federación Galega para ver que era o necesario para federa-la carreira e, entre outras cousas, estaba o impedimento de participar (bueno, de entrar na clasificación oficial) a atletas internacionais extranxeiros. Para que puideran participar, se mal non recordo, creo que había que federar a carreira a nivel nacional (repito, no ano 2004).
Tras darlle voltas (moitas voltas) ó tema, no 2004 decideuse non federar a carreira. ¿por qué? Pois por varias razóns.
1. Ante todo somos unha carreira popular, feita por populares (non profesionais do deporte) e controlada por populares. E queremos que sega así.
2. De partida non poderían participar atletas internacionais extranxeiros.
3. Aínda que é unha cuestión menos importante, hai que pagar unha cantidade á Federación.
No tocante ó primeiro punto, trátase dunha cuestión cáseque de principios. Efectivamente, somos populares, no máis amplio sentido da palabra. Durante 25 anos, a Federación non se preocupou da Carreira Popular de Meaño (aparte colaboracións a nivel personal, non ligadas á institución). Entendería que no caso de que unha carreira popular se federase, houbera un "beneficio" mútuo entre ambas institucións. Nembargante, parece que "só" se beneficia a Federación.
- A Organización da carreira ten que "aceptar" as normas que lle impón a Federación.
- A organización ten que "pagar" para federala.
- A Federación obtén o "control" sobre unha carreira na que non invirteu ningún esforzo.
- A Federación obtén uns ingresos por ter unha proba máis no "seu" calendario.
- A Federación non ten ningún gasto na carreira nin ten ningún problema se algo falla.
Podería seguir, pero queda bastante claro o sentido do "desequilibrio" Organización Vs Federación.
No tocante ó segundo punto, contestarei facendo referencia ó comentario de Pedro Nimo. Efectivamente, viñeches tres veces á presentación da Carreira, sempre con total disposición. Seguramente, xunto con Carlos de la Torre, o corredor que máis colaborou con nós neste aspecto. Sabes que cho agradecemos, tanto a nivel do Gam, como meu persoal.
Pero sentíndoo moito, non podo estar de acordo contigo.
Efectivamente, en categoría masculina os portugueses nunca ganaron en Meaño. Sempre houbo un corredor galego que os derrotou no asfalto. ¿Que houbera pasado se a Carreira chega a estar federada? Pois que nunca saberíamos se os corredores galegos lle podían haber ganado ós lusos.
Que as corredoras lusas só veñen a Meaño cando non teñen outra carreira na súa terra, estou de acordo. Exactamente igual que as galegas. Desde sempre as féminas se coidaron moito de coincidir xuntas en Meaño ou outra carreira. Non quero seguir sobre este tema porque sei que vai dar lugar a moita polémica, e non é o intre nin o lugar de falalo, pero como xa lle apuntabas tí a Xolinha, o cartel deste ano está adicado ós homes porque é na súa modalidade na que sempre houbo unha importante participación. E tés razón Pedro, a igualdade é algo que se debe presupoñer e polo que hai que loitar, pero non con discriminación positiva, como moitos pretenden hoxe en día. Só salientar un dato: dos inscritos a día de hoxe, un 80% son homes e un 20% mulleres.
Entón Pedro, non quero que penses que por non federar a carreira estamos a apoiar ós corredores portugueses frente ós galegos. Nada máis lonxe da realidade.
O que non queremos desde a organización é impedir a participación a ABSOLUTAMENTE ningún corredor, independentemente de raza, nacionaliade ou calquera outra razón, porque organizamos unha proba POPULAR no máis amplo sentido da palabra. Non é o mesmo que nós impidamos participar a determinados atletas, a que algúns non o fagan porque a federación non lles deixa. Desde logo, non vamos a ser nos que impidamos participar a unha soa persoa na Carreira. Alá a Federación coas súas normas.
O único organismo que pon impedimentos de participación é a Federación, e se quere que as asociacións culturais e deportivas, os concellos, as asociacións de veciños, etc., segan facendo o que eles non fan, que é organizar carreiras coa inversión de moito tempo e diñeiro, mellor será que vaian cambiando as súas normas e apoiándonos máis.
Parafraseando unha canción de El último de la fila «¿donde estabas entonces cuando tanto te necesité?»
Gracias pola vosa comprensión.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es