Mar, 13 Xuñ 2006, 10:18
Asunto: A miña primera vez
Pois foi todo moi ben. Algo máis de douscentos anotados e participantes reais foi algo menos. A máis numerosa a carreira dos arroaces, a miña.
Impresionante ver correr ás quenllas, que gacelas, meu deus. Fan sentirnos ao resto zoupons
Fixen 5´49" e non está mal. Pensaba que podería baixar de 6´e así foi. O complicado era saber o ritmo ao que sair para non afogar ou ir demasiado lento. E ainda que sain rápido aguantei.
O que si notei moito foi correr sobre area mollada, é esgotador, supoño que terei que comprar unha zapatillas en condicións para os meus 80 quilos, e entrenar sobre area antes de competir.
Unha moi boa experiencia, e moi motivante. Sei que a maioría preferides distancia máis longas, pero as millas están ben de cando en vez, son moi espectaculares.
Saudos a tod@s os foireir@s