Dom, 13 Set 2009, 11:08
Asunto: Re: Vías verdes
Hola: Coa construcción da vía de alta velocidade, quedóu en desuso un tramo de 25 kilómetros entre Amio, barrio de Santiago, e Ordes e que podría incluso alongarse ata Cerceda. Está xa constituido un consorcio formado polos concellos de Santiago, Oroso e Ordes para convertir ese tramo, do que xa foron retiradas as vías, en Vía Verde, pero é requisito imprescindible que o Adif ceda ese tramo para uso público e este organismo vai atendendo as solicitudes progresivamente e este problema de "burrocracia" é posiblemente a causa de que dita vía verde non exista xa. Esperemos que en breve se faga realidade...
Contrariamente a outros foreiros, eu sí estou a favor de estas vías. Hai un programa sobre elas na canle temática "Viajar" e son unha maravilla. Normalmente transcurren por lugares de grande beleza e poden ser compartidas por viandantes, corredores, marchadores, ciclistas, etc. Ante a escaseza de sitios axeitados para correr en moitas poboacións, son ideais. Certo que en Galicia temos moitísimas pistas rurais, pero tamén é certo que, dada a orografía de, por exemplo, Santiago e comarca, moitos de estos sendeiros e pistas rurais son máis axeitados para ir coa mountain bike que para correr, salvo que queiramos dedicarnos ás carreiras de montaña e non nos importe salvar grandes desniveis. Saúdos.
Alex