Lun, 14 Set 2009, 9:39
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Concello de Boimorto
Moitas Gracias a todos os corredores que participaron onte na 3ª Edición da carreira de Boimorto.
Farei un pequeno resumo da lectura que dende a carreira se fai por parte da organización:
Moi boa participación, con máis de 200 participantes (200 xustos chegados á meta) tendo en conta que era un día con moitas outras carreiras por todo galicia (o ano pasado tivemos unha participación de 259 persoas).
Excelente nº de participantes nas categorías inferiores (97 dende a categoría chupete ata a cadete).
Boísimo ambiente en todas as probas que tiveron lugar, e aínda que na proba absoluta foi máis lenta que os anos anteriores, unha gran parte dos participantes populares melloraron a súa marca con respecto a anos anteriores.
Maior participación local, chegando case a un 20% do total dos corredores (37 de Boimorto contando todas as categorías, frente ós 17 da 1ª edición).
En definitiva, dende a organización estamos contentos coa data de este ano y xa estamos a pensar na vindeira edición.
Moitas gracias de novo a todos y tamén quero aproveitar para agradecer a labor de:
PROTECCIÓN CIVIL E GARDA CIVIL
DELEGACIÓN DE SANTIAGO DA FEDERACIÓN DE ATLETISMO GALEGA (e moi especialmente ó amigo Lestrove)
PENSOS HERMANOS PENAS DE ARZÚA
ROBERTO SALVADO E A ASOCIACIÓN ACADE
COMPAÑEIROS DO CONCELLO
SR. ALCALDE (UN MÁIS Á HORA DE BOTAR UNHA MAN)
COCA-COLA
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
COMO NON, A CORRER EN GALICIA
ENRIQUE GUTIÉRREZ
PACHAL (COMPAÑEIRO DE ARZÚA)
E UN AGRADECEMENTO TAMÉN ESPECIAL PARA O MEU ESTIMADO AMIGO IVÁN SANMARTÍN
VÉMONOS PARA O ANO, OU QUEN SABE, NALGUNHA OUTRA CARREIRA
Gracias, Gracias Gracias