Dom, 04 Out 2009, 20:53
Asunto: Re: Prueba orientación en O Barco de Valdeorras
Hola:
Estamos de volta de O Barco, estupendo día para correr o pasado sábado. Carreira, como sempre no Barco, especialmente dura en desnivel. Terreno con moita vexetación e percorridos con bastante desnivel acumulado.
A miña carreira H-35 5.3 km. e 415 de desnivel que é máis do habitual en liga galega.
Persoalmente cheguei á meta absolutamente desfondado, o meu pulsómetro superou as 190 ppmm en bastantes fases da carreira, e a partir do control 17 (tiñamos 22) xa case non poiden correr porque xa non me queda "combustible", técnicamente saiume una carreira moi correcta sen grandes pifias, boas eleccións agás a do penúltimo control. Tendo en conta o pouco entreno que podo facer nos últimos tempos, carreira estupenda, fixen 4º, pero é como 1º porque Beloso, Javier e Luis hoxe por hoxe están a outro nivel. Salientar tamén a victoria de Gonzalo en Elite.
Parabens e agradecementos ós organizadores.
Un saúdo a todos e vémonos o día 24 en Lugo.