Dom, 04 Out 2009, 13:57
Asunto: Re: Carreira Nocturna do Carballiño
Naceu a I edición da carreira nocturna do Arenteiro e coincidiredes conmigo en que o resultado non puido ser mais satisfactorio:
O percorrido foi tremendamente atractivo, con mixtura de asfalto e camiño polo paseo ó carón do río, cós km perfectamente sinalados, e cunha recta de chegada ateigada de público ; A atención dos voluntarios, na meirande parte rapaces e rapazas xoves , foi cercana e non nos faltou de nada: auga, froita, camiseta técnica,etc... ; Número de participantes mais que satisfactorio tendo en conta as carreiras que se celebraban nesta fin de semana e a "competencia desleal" doutro concello ourensán; etc...
A verdade é que a xente do KÓRPORE nos brindou a posibilidade de disfrutar dunha auténtica festa do atletismo popular, norabóa correlegas!!!
No aspecto competitivo os favoritos cumpliron co pronóstico que eu fixera, pero a victoria conqueriuna un atleta portugués de gran nivel coma FRANCISCO JOSÉ SERRA, que xa niste ano se impuxera en Cartelle por diante de "Pepe Márquez" do OAAP.Estivo secundado no podium por 2 bos amigos coma
LALO ROSALES e
OSCAR RAMOS "PELU".
Mención especial pra
paulkoech que sempre acada postos de honra e desta xeira foi o primeiro atleta en categoría Senior
1º-FCO. JOSÉ SERRA------------PORTUGAL----26´50"
2º-OSCAR RAMOS "PELU"------ADAS-----------27´31"
3º-LALO ROSALES--------------CASA XUV.-----27´34"
4º-LUIS ALFONSO NOVO-------SAR------------27´51"
5º-ALBERTO FERNÁNDEZ------VAL MIÑOR---27´52"
6º-VICTOR DOCAMPO----------COMESAÑA----27´56"
7º-IGLESIAS ARAUJO-----------KÓRPORE-----28´29"
8º-ELOY CAMPOS---------------VENTURIÑA--28´39"
9º-LUISMI BORRAJO-----------VIA XVIII------28´53"
10º-J.M.CASADO----------------VIA XVIII------29´´12"
Resultados completos (ollo, polo gps dos correlegas foron uns 7950m) :
www.championchipnorte....SOLUTA.htm
I eu que ? Coma me foi ?
Pois a verdade quedei satisfeito, recuperei sensaciós, e 3 semanas despois de Penedos coido que cumprín co obxetivo de continuar "afinando" a velocidade.
Os dous primeiros km "picaban" pra abaixo e de seguida se formou un grupo cabeceiro duns 25-30 corredores , namentres eu comandaba o segundo grupo tirando de Manuel Salgado do Burgas co que falara na saída pra facer eu de "lebre".
Ó abandoar o asfalto e toma-lo sendeiro paralelo ó río escomenzamos un tramo propicio pras miñas condiciós, llano e onde poder sacar partido da miña amplitude de zancada, dando alcance a Fernando do Kórpore e recortando distancia con Germán que saíra coma unha frecha.
Do km4 ó km5 fixen o derradeiro esforzo pra deixar a Manuel nas millores condiciós antes de afrontar o tramo de subida e despois deixeime levar case ate a liña de meta.
Non tiña pensado facer uns deses cambios de velocista polos que se me coñece coma "globero",jeje, pero cando me pasou Julio do ViaXVIII e vín que "FURI" viña con ideas de darme a estocada,jiji, non me puiden resistir a tentación de facer 200m de "rush final" .
www.jeffxavi.blogspot.com