Dom, 04 Out 2009, 15:50
Asunto: Re: III Vigo máis 11
| ardillaroja escribió: |
| Alédome de volveros a ver a todos de novo. |
Encantado de coñecervos hoxe a ti, Tara,..... Agardo vervos noutras carreiras, A Coruña quizais?

En canto a carreira de Vigo en si, mala, e iso que era de pago; o das duchas, se é certo que nonas había, !!!!!!criminal!!!!!

, porque pregunto eu, toda a xente que foi de fóra que fai, con viaxes de ata 2 ou 3 horas (á Coruña, Ferrol,.....) empapaos en suor? Como pa agarrar unha gripe, e o mesmo cos !!!!20 minutos!!!!! que houbo que esperar (molllados polo suor e a chuvia) pa collela camiseta nunha proba onde apenas acabaron 714 atletas (que farían cunha partipación masiva de milleiros de atletas como en Santiago e Ourense)

; os puntos quilométricos só atinei a ver 3 (onde marcaban 7,8 e 9), se estaban todos postos como semella, mal colocados (non vísibeis)

; e logo, detalliños tontos, pero que si estás pagando unha inscripción tamén os queres ver (os dorsais, por exemplo non estaban personalizados, cousa rara porque normalmente championchip soe personalizalos: ao mellor parece unha parvada, pero por exemplo pa coñecer á xente do foro está ben)

.
O público que había, por certo, de 10, animando en todo momento, sí señor

.