Xov, 08 Out 2009, 13:40
Asunto: Re: Carreira de Bertamirans
Este LESTROVE é un artista,sempre dí que está na organización e eu nunca o vexo;isto organízao o concello de Ames e colaboramos os corredores clubs que vivimos aquí e pertenecemos a o mesmo (SAR,MILLA DE OURO,ATLÉTICO BERTAMIRANS e MILLA RAIO).Se queres vir,normalmente avísannos para unha reunión e logo vamos o día da carreira pola mañá cedo a montar as carpas,marcar o percorrido,axudarlle ao tío da "coca cola" a montar o arco inchable da meta,que sempre ven só,repartir bebidas e camisetas,etc...,e ao rematar quedámonos a recoller todo,de tódalas formas,calque axuda sempre é ben recibida.
Bueno,non hai que esquecer aos señores da FGA,que veñen a controlar o que son as carreiras en sí.
Eu tamén opino que é unha boa festa para tódalas categorías,o percorrido é moi agradecido tanto para os atletas coma para os espetadores.
Saúdos e vémonos en Bertamirans.