Mar, 20 Out 2009, 22:33
Asunto: Re: CORRER EN GALICIA ORIENTACIÓN
Hola,
o pasado domingo bonito entreno no Lago Castiñeiras, a verdade é que estaba un día fantástico. Preparamos dous percorridos, un máis sinxelo e outro máis complexo. Á hora da verdade todo o mundo preferiu facer o máis longo.
Fixémolo percorrido por grupos de xeito que en cada grupo había alguén que controlaba.
Eu fixen o percorrido con Runas e a verdade é que me sorprendeu a súa facilidade para correr monte a través e para le-lo mapa, aínda que todo lle parecía tan diferente ó que el coñece das carreira en ruta.
Lembro os comentarios sobre o que entende por costas un runner clásico ou un trailero ....
En xeral un entreno moi ameno cun ambiente moi bo e resulta curioso ve-la impresión que deixa en xente tan acostumada a correr unha actividade tan distinta e ó mesmo tempo tan parecida o que eles coñecen.
Xa quedamos en que o próximo entreno será algo máis cañero, pasaremos de 3.5 a 4.8 xa iremos poñendo día, que pase Lugo e a popular de Santiago, xa iremos vendo.
Un saúdo e a ver se se vai animando máis xente.