Dom, 18 Out 2009, 20:22
Asunto: Re: Carreira de Bertamirans
Marina creo que che faltou mencionar o carreirón de Santiaguiño hoxe, a falta dos resultados para analizar, creo que el lle vai dar tanto ou masis mérito a sua carreira coma vos os vosos podiums (que a verdade e que sodes uns cracks, e perdoade por arrincar petando pero todavia me quedou unha tarde de traballo sacando o mel as abellas). Dou fe de que sufriu pero aguantou coma un jabato, cando xa as forzas non eran todas, pero como che dixen Christiam, eso mesmo que che pasaba a ti, estáballe pasando a todos, e o que mais aguanta, leva o gato a auga, que sepas que aí e donde se fan os tempos, e a diferencia de sufrir como sufriches a deixarte levar como amagaches nos últimos 3 km. tranquilamente poden ser 2 minutos. Asi que xa sabes que este deporte e un cabrón, pero unha vez que lle collas o tranquillo, vaise levando. Decirche que merecías esta carreira por todo o bo traballo que estás facendo. E ahora de cara a Santiago non te emociones, deixate levar a un ritmo que podas, para subir ben Vite, e a partir do Alto de Vite, a vaciarse coma hoxe ata o Obradoiro, e xa verás como non vai tan mal a cousa. Un saudo.
Un saludo a todos, aunque prestado en Santiago, natural de Santa Comba.