Mér, 21 Out 2009, 15:13
Asunto: VIII CP Pedestre do Nadal San Cibrao
Xa se atopa en marcha unha nova edición desta proba, consolidada coma un referente das carreiras da tempada invernal.
Coma principal novidade da carreira a organización decidiu troca-lo percorrido e diseñar un circuíto de 2 voltas, o que supón un gran acerto baixo o meu humilde punto de vista.Agardamos impacentes coñecer os lugares que atraveserá o mesmo.
Namentres, "copio e pego" a información da que dispoño:
DATA:20 de decembro de 2009
SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓS PRAS CARREIRAS DE 4,5 E 9 KM :
Presenciais en Deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ate o mércores día 16 de
decembro.
Pola Web
http://www.championchipnorte.com ate o xoves día 17 de decembro.
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de
nacemento compreta, localidade, provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto,
nome do clube (se o ten) e tamén se pertence ó Concello de San Cibrao de Viñas por
unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou
de Barreiros por outra.
NOTA IMPORTANTE :
As inscriciós estarán limitadas a 500 participantes, incluíndo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 3€. O pago poderase formalizar a través da web de
championchipnorte ou "in situ"n en Deportes Red.1
Os/as participantes da carreira de 4,5 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa
inscrición de xeito presencial en Red.1
***INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS REALIZARANSE O DÍA DA PROBA E
NON LEVARÁN CHIP ***
INFORMACIÓN:
javierparedes@ourenseatletismo.com
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com/
www.sancibrao.es/
www.ourenseatletismo.com/
HORARIO:
12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de troféos e ágape para os participantes
REGULAMENTO XERAL :
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de Ponte Noalla, nas
inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. A recollida de dorsais e chips,
terá lugar dende as 9:00 horas ate media hora antes de iniciar a proba.
2. Os participantes deberán situarse na zoa de saída 10 min. antes do comezo da proba.
3. O percorrido constará de 300 m para a categoría Pitufos, de 4’5 km para as categorías A –
B- C- D e de 9 km pras restantes categorías.
4. Confeccionaranse clasificaciós absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e soio se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o
Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes que
regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip será desclasificado. Tamén
deberán devolve-lo chip ço finaliza-la proba pra optar ós obsequios.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa
CHAMPIONCHIP
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes
10. Establécense os seguintes premios:
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material
deportivo.
• Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen
a proba.
• 60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en
material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas
de Nadal e unha noite de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Alevín: 1999 e 2000

Infantil: 1997 e 1998
C) Cadete: 1995 e 1996
D) Xuvenil: 1993 e 1994
Distancia a percorrer: 4’5 km (1 volta)
Saída ás 11:00 horas
E) Junior-promesa: 1988 a 1992
F) Senior: 1987 ata veterán Distancia a percorrer: 9 km (2 voltas)
G) Veterán A: de 40 a 49 anos Saída ás 11:00 horas
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Pitufos: 2001 e posteriores Distacia: 500 m. Saída ás 12:00 horas
12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e
San Cibrao das Viñas
13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba, non se admitirán
reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento
Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión
Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que
ocasione a participación nesta carreira.
14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, reslveranse polo disposto
no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.
15. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba
A Organzación desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación anticipada.
www.jeffxavi.blogspot.com