Dom, 25 Out 2009, 18:49
Asunto: Re: Carreira pedestre de Santiago 2009
Desde o meu punto de vista, bonita carreira. Un Pracer coñecer persoalmente a moitos foreiros. É o que ten levar o dorsal persoalizado.
É fácil poñer disculpas pero, o certo é que despoís de correr @ maratón o domingo pasado, e, sen adestrar nada na semana, como decía o outro día de unha forma un tanto, cursi, pranteime en Santiago para "explorar e disfrutar" xa que nunca a correra.
O que pasa, polo menos a mín, e que, xa metidos en faena, a competitividade, queiras que non, faise presente, e, a cabeza empeza a facer cálculos de chegada, e, a ver si aguanto este ritmo, e aver si pillo a aquel outro e, a ver si baixo de tal tempo, en fín, que o de disfrutar, vaise trocando nunha agonía, pequena eso sí, que, o final me deixa un raro, pero, o mesmo tempo, bo sabor.
Discretísimo tempo de 01:01:31 , algo menos o neto,pero é o que hai.
MIGUELIÑO, qué pasou?, non te vin na Kedada. Mirei e mirei e non te atopei por ningures. Agardo que todo ben. Manteño a débeda. Tes que vir o San Martiño.
No último km que, por certo pareceume longuísimo, a ver se algun o medistes, vin un corredor tirado nunha veira e tapado cunha manta, rodeado de xente. Desexo que non fose nada.
O da recollida de camiseta e medalla, e sinto decilo así, pareceume unha putada. Logo de aconsellar a organización ou o que se encargue do tema que intentaran correxilo ou melloralo, nos meten nunha ratoeira, para entregar o chip porque, para darnos esa bolsiña non facía falla tanta espera. Cheguei no posto 1988, non sei de cantos, e, o primeiro que lle hai que dar a un corredor é algo de beber. Pois non, embotellannos nunha plazoleta con uns accesos, tanto de entrada como de saída infames, donde, a lo menos, 800 ou 900 corredores estivemos, apiñados perto de media hora. Vin, Eu e moitos máis, a unha corredora indisposta, vomitando que, gracias a Deus , se recuperou pero e, si non fose así, que pasaría?.
Coido que a maior parte preferimos andar uns centros de metros e chegar a un sitio amplo donde non suceda isto.
Todo o demáis ben. O público fantástico. A policia local, colaboradora e os compostelans acolloantes.
SAÚDOS
Esprintes inde nai - ORT (Ourense Running Team)
Grelos, sexo, e muiñeira.